Que rápido pasou o verán! O tempo foi inmellorable e seguro que aproveitastes para facer unha chea de cousas… pero todo o bon remata e hoxe xa é día 30 de Agosto, o que quere dicir que pronto nos veremos por Pastoriza.
Seguro que todos vós tedes o calendario de exames en papel, pero tamén podedes consultar a data, hora e lugar dos exames de Tecnoloxía e Informática no Taboleiro de anuncios deste blog.