Onte tivemos unha noite preciosa cun ceo totalmente despexado, así que nos animamos a montar o telescopio e tentar obter unha foto de Xúpiter e os seus satélites.
Na imaxe podedes ver a Xúpiter e (de esquerda a dereita) Ganímedes, Europa e Ío.
Unha vez máis, a foto está sacada coa cámara dun teléfono móbil e aínda que non pasará á historia como o mellor logro en astrofotografía, é moi emocionante pensar que o mesmo que estades vendo vós agora, o viron os meus ollos onte.