O 7 de Xaneiro de 1610 Galileo observou por primeira vez os agora chamados satélites galileanos de Xúpiter (como se recolle no seu Sidereus Nuncius). O seu telescopio non foi quen de diferenciar Ío e Europa, que se atopaban moi próximos entre si, polo que nas súas primeiras anotacións soamente fixo referencia a “tres pequenas estreliñas”. Un instante memorable para Galileo, a Ciencia e tamén para todos os que tivemos algunha vez a oportunidade de contemplalos durante os seguintes catrocentos anos.
Ío, Europa, Ganímedes e Calisto
