Comezamos con PICAXE

@s alumn@s de 4ºA terán que deseñar e contrruír un dispositivo controlado a través de PICAXE como proxecto para esta avaliación. Antes, é necesario entender o funcionamento deste sistema de control e aprender a programalo. Hoxe fixemos a primeira práctica deseñando o circuíto para un semáforo e programando o seu funcionamento:

A luz vermella debía permanecer acendida 5 s, a continuación a luz amarela acenderíase 1 s e para rematar, a luz verde estaría 5 s acendida. Os catro grupos resolveron a práctica correctamente e todavía tivemos tempo para gravar os resultados. Déixovos aquí un dos catro vídeos que tomamos e os outros tres podedes velos na canle de YouTube.

Parabéns a tod@s!!!

Seino, a calidade do vídeo é malísima 😦

2 opiniones sobre “Comezamos con PICAXE

  1. Moitas grazas, Santiago, tanto pola oferta de axuda coma polas dúas ligazóns que me envías e que recollen traballos tan interesantes!!!

    Ate este curso sempre fixemos control de dispositivos programando directamente o porto paralelo do ordenador con MSWLogo, polo que este ano comezamos de cero con PICAXE e de seguro nos virán moi ben as referenzas que me envías. Grazas de novo e parabéns polo traballo!

    Gústame

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos