Exame Audacity 4ºB

  1. Descarga esta canción.
  2. Queda con 1 minuto 30 segundos medidos dende o comezo e elimina o resto da canción.
  3. Emprega o sintetizador de voz para crear un mp3 co texto: “Aquí comeza o meu exercicio. Aquí remata o meu exercicio.”
  4. Abre o arquivo de mp3 como unha nova pista no mesmo proxecto que a canción.
  5. Dálle o nome de “voz” a esta pista.
  6. Coloca “Aquí comeza o meu exercicio” ao comezo da canción e “Aquí remata o meu exercicio” ao final da canción.
  7. Atenúa a música ao comezo e ao final para que a voz se escoite mellor.
  8. Crea unha pista de etiquetas, ponlle de nome “etiquetas” e indica sobre ela mediante etiquetas os fragmentos de voz.
  9. Garda o proxecto co formato apelido_nome.aup e envíamo por correo a tecnoloxia@hotmail.es
  10. Se tes problemas coa rede, avísame para gravar o exame no meu USB.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos