Súper… é o nome do teu personaxe. Obtivo os seus poderes ao atopar un obxecto e grazas a estes poderes puido…
Cóntanos a historia con GoAnimate! No primeiro capítulo o personaxe atopa o obxecto que o convirte en súper… e no segundo, realiza unha acción empregando os seus superpoderes. Cada capítulo é un vídeo de GoAnimate . Terás que realizar a montaxe nun único vídeo co editor de vídeo de YouTube engadindo antes de cada capítulo o texto CAPÍTULO 1 ou CAPÍTULO 2 segundo corresponda. Publica o vídeo final no teu blog (incrustado) co título “Súper…”
Valorarei: efectos, son, número de personaxes, número de escenas, guión, inclusión de diferentes elementos,…
Photo credit: mconnors from morguefile.com
Deixar un comentario