Estes días en 3º da ESO estamos facendo exercicios de cálculo de magnitudes en circuítos serie. Coa práctica de mañá repasaremos os contidos vistos nas sesións anteriores, pero ademais o alumnado
- Aprenderá a realizar conexións en serie sobre unha placa de montaxe.
- Utilizará o polímetro para medir tensións e resistencias.
- Comparará e analizará os resultados obtidos a partir de medidas e cálculos.
A análise de resultados é fundamental porque é a que nos permite tomar decisións. Por exemplo, podemos despreciar a resistencia do cable usado para as conexións cando realizamos cálculos nun circuíto?
Deixar un comentario