Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
É importante recordar que o proxecto da primeira avaliación de 2º da ESO é o primeiro que realiza o alumnado, e por iso é preferible que se trate dunha proposta bastante pechada na que se traballa sobre un deseño dado.
Partimos do suposto de que a empresa Ikea desexa ampliar o seu departamento de deseño, e vai realizar a contratación en base a un proceso selectivo. A primeira proba deste proceso será a realización dunha proposta para o frontal dunha estantería.
Cada grupo debe deseñar un frontal que pode conter diferentes elementos como portas ou caixóns, planificar o traballo de construción, e finalmente realizar o prototipo a escala. Para todo iso, o alumnado conta cunha documentación moi completa que incorpora a imaxe dun prototipo realizado en cartón e que contén os nomes das diferentes pezas, un plano, un exercicio para practicar escalas, a folla de proceso para a construción, e a rúbrica que empregarei para avaliar o seu traballo.
Ao final da avaliación, o alumnado terá aprendido a:
Comparto un resumo da miña programación que inclúe:
Chegamos á terceira avaliación e agora é o momento de que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos no deseño e realización dun proxecto propio.
Cada grupo debe investigar e decidir que quere construír como proxecto de fin de curso, respectando sempre unha serie de requirimentos. Unha vez tomada a decisión, deben presentarme a idea e discutila comigo para obter a aprobación do proxecto. Nalgunhas ocasións a proposta pode non resultar adecuada por diferentes motivos, e nese caso, o grupo debe realizar modificacións ou presentar unha nova proposta.
Cando o proxecto é aprobado, desenvolven a súa idea en planos, solicitan o material necesario, e comezan a construír.
2º da ESO
Deben incorporar un circuíto eléctrico e non sobrepasar as dimensións dunha caixa de proxectos. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
3º da ESO
Deben incorporar o control de dispositivos cunha placa de arduino e non sobrepasar as dimensións dunha caixa de proxectos. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
4º da ESO
Deben incorporar o control de dispositivos cunha placa de arduino e/ou actuadores hidráulicos. Estes proxectos poden exceder as dimensións dunha caixa de proxectos se é necesario. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
Seguirei informando acerca dos 33 proxectos que xa están en marcha!!!
Cada grupo deseñou e realizou un proxecto propio a partir de dous requisitos:
O proxecto da imaxe é un muíño que incorpora un sistema de transmisión formado por dúas poleas conectadas por correa.
O movemento transmítese dende unha roda situada na fachada do muíño até o seu eixe de xiro. O teito pode retirarse para que o mecanismo sexa observable.
A maioría dos proxectos deseñados polos diferentes grupos estiveron baseados no mecanismo de transformación leva-seguidor, incorporando un único sistema ou varios.
A web educacionplastica.net contén unha boa colección de recursos interactivos. Cos exercicios de vistas o alumnado aprenderá a identificar planta, alzado e perfil de 16 pezas diferentes que se presentan en perspectiva isométrica. A aplicación permite xirar a peza, realizar o trazado das vistas e fotografar a práctica, a fin de que o alumnado poida gardala e remitila para a súa corrección.
Antes de realizar o exame de cada unidade, adicamos unha sesión a repasar os contidos con kahoot. Os diagramas de barras coas respostas a cada unha das preguntas proporcionan información acerca do nivel de comprensión do alumnado, permitindo incidir nos contidos cando é necesario.
Fai clic aquí para acceder ao kahoot de mecanismos.
Unha idea simple para poñer a secar as pezas pintadas optimizando o espazo que temos no taller. Podes poñer xornais vellos debaixo e escribir sobre eles para identificar a que grupo pertence cada unha das pezas.
O alumnado de 2º da ESO xa tivo a ocasión de realizar un proxecto totalmente guiado durante a primeira avaliación, e na segunda, cada grupo deberá deseñar o seu propio proxecto.
Comezamos coa formación dos grupos e para iso, repasamos cun kahoot todos os contidos da unidade de mecanismos vistos até o momento. Seguindo a clasificación proporcionada ao final da partida, pregunto ao alumnado se quere formar grupo ou prefire ser escollido. Reúnome no fondo do taller coas seis persoas que formarán grupo, mentres o resto do alumnado continúa coas tarefas de classroom, e cada unha delas escolle por turno aos compañeiros cos que traballará nesta avaliación.
Na seguinte sesión reviso co alumnado diferentes prospostas que inclúen proxectos realizados en cursos anteriores. Poden considerar calquera delas como idea base ou realizar unha completamente nova. En calquera caso, deben discutila comigo explicándome en que consistirá e como será o funcionamento.
O paso seguinte é realizar un esbozo do proxecto e a continuación, o despece (non necesariamente a escala) e o acoutamento. Un dos requisitos de calquera proxecto é que debe poder gardarse dentro das caixas que empregamos no taller, polo que deberán tomar decisións ao respecto no dimensionado das pezas.
Unha vez reviso e aprobo o despece dun grupo, comeza a fase de construción, que é onde agora mesmo nos atopamos.