Envíame Marta, profesora do departamento de Lingua Galega e dinamizadora da biblioteca, unha páxina na que atoparedes ideas para reciclar xoguetes. Mil grazas, Marta!!!
Actualización
A unidade do ordenador, de 2º de ESO xa está rematada e lista para descargar. Só tes que facer clic aquí.
Queres xogar a un clásico?
En Tecnoloxía de 2º estamos estudando o ordenador e en Informática de 4º deseñando e realizando xogos con GameMaker. Uns e outros deberiades botarlle un ollo ao Pong, considerado como un dos primeiros xogos de videoconsola. Fai clic aquí se queres xogar.
Construímos pontes
Terás que construír unha ponte que permita cruzar dun lado ao outro coas limitacións que impón o xogo. Clic aquí para comezar…
O mundo á noite: pon o teu punto no mapa
Un ano máis está en marcha Globe at Night, un proxecto colaborativo sobre contaminación lumínica a nivel mundial. Participar é moi sinxelo. Observa a constelación de Orión a simple vista e compara as túas observacións cos mapas estelares que atoparás nesta páxina.
Esta primeira fase estará aberta ate o 12 de Xaneiro (avisarei das seguintes). Pon o teu punto no mapa!!!
Armadillo Run
Fai clic aquí para descargar a aplicación.









