Acabo de actualizar a presentación da unidade. Clic aquí para descargar.
Descarga das presentacións de clase
Xa podes descargar os temas cos que estamos traballando en clase:
- Tecnoloxías 2ºD: O proceso tecnolóxico
- Tecnoloxía 4ºA, 4ºB e 4ºD: Repaso de electricidade
- Informática 4ºACD e 4ºB: Sistemas operativos
Nos próximos días irei actualizando as unidades conforme vaiamos avanzando materia.
Photo credit: arundo from morguefile.com
Curso 2012-13
Comeza o curso 2012-13. Benvid@s!
Photo credit: click from morguefile.com
Exame de Setembro
O exame de Setembro de Tecnoloxía é o martes día 4 ás 13:20 h na sala de usos múltiples. Lembra que podes traer calculadora.
Photo credit: alvimann from morguefile.com
Boas vacacións!
Este curso foi tremendamente especial para min. Grazas a tod@s por compartilo comigo e que teñades unhas boas vacacións!!!
Photo credit: ppdigital from morguefile.com
V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía
Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías:
- 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio
- 3º da ESO: coche cabledirixido de Ismael, Adrián, Sara e Rocío
- 4º da ESO: ascensor con display de Sara, Paula, Reynaldo e María
Parabéns a tod@s @s alumn@s de tecnoloxía no nome das profesoras do departamento!!!!!!
V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.
Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC
Suxeitalibros de 2ºC
@s alumn@s de 2ºC recibiron unha encarga da biblioteca: deseñar e construír suxeitalibros para os diferentes andeis. Desenvolver proxectos como casos prácticos permite establecer conexións entre os contidos teóricos e prácticos aprendidos e o mundo real.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |




