Na clase de hoxe teredes a oportunidade de probar algúns dos primeiros videoxogos portátiles que se comercializaban a comezos dos 80 e tamén podereres xogar online con algunhas das consolas precursoras da Play, Wii,… nos vosos portátiles. Logo teredes unha semana para analizar as principais diferenzas entre os videoxogos de entón e os actuais, valorando aspectos como a complexidade do xogo, gráficos, son, nivel de dificultade, flexibilidade do xogo,… Tedes ate o venres 25 para entregarme o voso traballo individual!
Colaboración biblioteca-tecnoloxía
Marta, dinamizadora da biblioteca do instituto e profesora do departamento de Lingua Galega, fíxonos a interesante proposta de construír suxeitalibros para colocar nos diferentes andeis. Este proxecto será realizado como un caso práctico no que cada equipo de 2ºC terá que falar con Marta, preguntarlle acerca das especificacións e tomar medidas. Posteriormente, no taller, cada equipo realizará o seu propio deseño para finalmente construílo empregando madeira e/ou metal.
O ordenador e os periféricos (II)
Facede clic aquí para acceder ao test de autoavaliación. A ligazón á presentación de consulta, está incluída no test.
Importante: @s alumn@s que obteñan os mellores resultados no test poderán escoller compañeir@s de grupo para o próximo miniproxecto.
O ordenador e os periféricos (I)
Comezamos unha nova unidade e aquí vos deixo o material necesario para o traballo na aula:
- Presentación da unidade
- Autoavalición I
Photo credit: alvimann from morguefile.com
Exame de estruturas
Facede clic aquí para ir á páxina de acceso. Dareivos o contrasinal xusto antes de comezar. Teredes que rexistrarvos empregando o voso nome completo.
Actividades de repaso
O mércores realizaremos actividades de repaso de cara ao exame do día 21 de Febreiro. Podedes acceder ao LIM facendo clic aquí.
Repaso
O luns día 21 de Febreiro teremos o exame da unidade de estruturas. A proba será a través dun test en liña similar aos que realizamos nas clases de teoría. Se queredes, podedes empregalos para repasar. Os contrasinais de acceso son:
- Estruturas01: rande
- Estruturas02: brozos
- Estruturas03: alicerce
- Estruturas04: forxado
- Estruturas05: carcasa
Construímos pontes
Na clase do mércores xogaremos de novo con estruturas. Comezade descargando e instalando este xogo e construíde pontes que lle permitan ao tren cruzar o río.
Aviso importante
Os resultados do test de estruturas IV xa están revisados e efetivamente hai correcións nalgunha das notas porque a aplicación fai diferenza entre maiúsculas e minúsculas e estaba dando erro en preguntas respostadas correctamente. A relación de notas modificadas:
- Cristina: 7,2
- Ezequiel e Iago: 7,2
- Jesús e Juan Carlos: 8,3
- Martín: 6,7
- Paco: 7,8
- Raquel e Laura: 7,2
Véxovos o mércores en clase e falamos. Grazas polo aviso!
Xogamos con estruturas
Barras, tirantes, plataformas de metal, pezas de tea,… deseñade e construíde a vosa estrutura para levar ao armadillo ate o círculo azul pero facédeo co menor custo posible!!!
Descargade aquí o xogo. Traballaremos con el na clase do mércores.






