Próximos exames…

Déixovos as datas dos próximos exames e a materia que entra en cada un deles:

  • 2ºC: Exame de electricidade (unidade 2) o día 17 de Decembro (venres)
  • 4ºA: Exame de electrónica dixital (unidade 2) o día 17 de Decembro (venres)
  • 4ºD: Exame de forzas (unidade 3) o día 15 de Decembro (mércores)

Aproveito tamén para lembrarvos aos alumnos de 2ºC que a data límite para entregar o boletín de exercicios de electricidade é o 10 de Decembro e que pasado este día non o recollerei.


Photo credit: cohdra from morguefile.com

Proxecto Acer-European Schoolnet

acer_eun_400

O curso pasado o IES de Pastoriza foi seleccionado para participar no proxecto ACER-EUN cun grupo de 1º de ESO. No presente curso participaremos cos catro grupos de 2º de ESO  e eu incorpórome (a través da asignatura de Tecnoloxías) a esta iniciativa tan interesante que pretende explorar o uso educativo do ultraportátil nas aulas.

Boletín para resolver e entregar

Durante a clase de hoxe entregareivos un boletín con exercicios de repaso da unidade 2: Electricidade. Teredes que resolvelo consultando os apuntes (dispoñibles neste blog, na aulateca e na fotocopiadora) e os exercicios resoltos en clase, e entregarmo. A data límite de entrega é o 10 de Decembro e a partir desde día, xa non o recollerei, polo que é conveniente que non agardedes ate o último día.

Preguntádeme todas as dúbidas que teñades (incluso durante os recreos) e non deixedes ningún exercicio en branco. A nota obtida neste boletín fará media coas notas dos exames relativos ás unidades 1 e 2.


Photo credit: pschubert from morguefile.com

Proxecto: Xogo de preguntas e respostas

Esta semana os alumnos de 2ºC comezarán o proxecto desta avaliación. Trátase dun xogo de preguntas e respostas no que se acende unha bombilla cando unhas e outras son unidas correctamente. Como sempre, trátase dun proxecto guiado, bastante pechado por ser o primeiro que realizan e neste caso, bastante simplificado.

Pretendemos que aprendan a manexar ferramentas básicas para o traballo con madeira, a implementar circuítos eléctricos sinxelos e a organizar un pequeno grupo de traballo (quen fai que e cando).

Descargar o cuestionario.

Para algún despistado de 2º…

Novamente vos lembro que para acceder a todo o material que leva a etiqueta “2º de ESO: Tecnoloxías” tedes que facer clic na categoría “2º de ESO: Tecnoloxías” que hai na parte esquerda do blog.

Lembrade tamén que o exame do luns será na vosa aula, non no taller. Boa fin de semana!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos