O luns comezan as clases

O luns 20 de Setembro comezamos e xa sei a que grupos lles vou dar clase:

  • 4ºD: Ámbito Científico-Técnico e Titoría
  • 4ºA: Tecnoloxía
  • 2ºC: Tecnoloxías

Vémonos ao longo do día, no que haberá horario normal de mañá e tarde. Un saúdo e boa fin de semana para tod@s!

Comezo das clases

De acordo co aviso que podedes ler na porta do instituto, as clases comezarán o luns día 20 de Setembro con horario normal de mañá e tarde. Vémonos!

Relatran 3.5

frontal da aplicacion relatran
Pinchade aquí para descargar o programa gratuíto Relatran. Con el poderedes practicar exercicios e montaxes de todo tipo de mecanismos de transmisión e transformación do movemento.

2º ESO: Mecanismos

frontal da paxina maquinas e mecanismos

O vindeiro martes dareivos as notas do último exame e comezaremos unha unidade nova. Trátase da unidade 5: Mecanismos, e por se tedes curiosidade e queredes ir mirando algo, déixovos un enlace a unha páxina moi boa que utilizaremos en clase (facede clic na foto ou aquí).

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos