Actividades para traballar os contidos da unidade de estruturas.
Primeiros exames
Esta semana comezamos cos primeiros exames. Estas son as datas:
- Martes día 6, exame de 2ºC en usos múltiples
- Xoves día 9, exame de 2ºD en usos múltiples
- Venres día 10, exame de 4ºAB en usos múltiples e de 4ºPDC no taller de tecnoloxía
Insignia de Reciclaxe
Na materia de Tecnoloxías de 2º da ESO comprometémonos coa reutilización de recursos.
Trae o teu material de refugallo, acumula puntos e gaña a insignia de Reciclaxe.
Gaña a primeira insignia!
Queres gañar a primeira insignia desta avaliación? Entrega en prazo o xustificante de recepción da información do Departamento de Tecnoloxía.
Noite de Astronomía con AnB
Participaches na actividade do planetario móbil o pasado mes de marzo? Queres participar na observación do ceo nocturno que realizaremos na primeira semana do mes de xuño?
Pasa polo taller 1 e recolle a túa autorización a partir do xoves 22 de maio!!!

Ensaio de resistencia
Os grupos de 2º de ESO traballaron a unidade de estruturas na segunda avaliación. Para poñer en práctica os contidos aprendidos durante a unidade, construímos estruturas realizadas integramente con papel. Nesta última semana puxemos a proba a súa resistencia.
Deixo aquí un vídeo de mostra correspondente ao primeiro ensaio de resistencia de 2ºA.
Blog de Jorge Cao
Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.
Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Queres visitar o planetario?
Queres visitar o planetario? Aínda estás a tempo!
Mañá venres día 21 de Marzo abriremos nos dous recreos. Serán os últimos. Aproveita a oportunidade!!!
