Planetario en Pastoriza

captura365

Visita o planetario instalado na aula de Música (2º andar) durante calquera dos recreos desta semana. Reserva a túa praza e aprenderás a localizar a estrela Polar ademais de descubrir o ceo de primavera.

captura367

Os vosos traballos sobre os metais

captura360

Aquí tes a relación de traballos sobre os metais:

  1. Clasificación dos materiais de uso técnico. Realizado por Teresa.
  2. Propiedade mecánicas (I). Realizado por Joana e Adrián Iglesias.
  3. Propiedades mecánicas (II). Realizado por Beatriz.
  4. Propiedades físicas. Realizado por Jairo.
  5. O ferro doce. Realizado por Ana e Erena / Nerea.
  6. O aceiro. Realizado por Jonathan e Jorge / Micaela e Paula Faris.
  7. Funcionamento dun alto forno. Realizado por Igor e Manuel / Paula Rabuñal.
  8. O cobre. Realizado por David Rey / Vanesa e Lucía.
  9. O aluminio. Realizado por Alán e Brais / Víctor e Brais.
  10. O estaño. Realizado por Joel e Adrián / David Cancelo e Samuel.
  11. O cinc. Realizado por Antony e Salvador. Unha pequena axuda.
  12. O ouro. Realizado por Teresa.
  13. A prata. Realizado por Álvaro e David Puente.
  14. As ferramentas para traballar os metais. Realizado por Daniel e Yeray.
  15. A reciclaxe dos metais. Realizado por Rida e Eneko / David Vega e Ángel.
  16. Experiencias con metais. Realizado por Claudia.

Recreos para rematar o proxecto

100g_0622

Remataches o proxecto do tema de estruturas? Podes facelo ao longo da semana que vén nos seguintes recreos:

  • Luns día 10: primeiro recreo.
  • Mércores día 12: segundo recreo.
  • Xoves día 13: segundo recreo.
  • Venres día 14: primeiro recreo.

Estruturas de papel

O alumnado de 2ºA e 2ºB ten o desafío de construír estruturas trianguladas reutilizando o papel inservible da fotocopiadora. Este modelo foi revisado entre todos e cremos que soportará o peso dunha persoa unha vez rematado. Que pensas ti? Probarémolo pronto…

Como adianto, unhas fotos dos proxectos de 2ºB.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos