A semana pasada xs alumnxs de 2ºA e 2ºB realizaron lámpadas de incandescencia empregando cartón, parafusos, un vaso de vidro de iogur e fío de nicromo (para o filamento). Aquí vai un vídeo de demostración do seu funcionamento gravado por Alán (grazas!).
2º ESO: Estruturas
Fai clic aquí para descargar os contidos da unidade.

Proxectos de 2ºA e 2ºB
Xa podes mostrar na casa o teu primeiro proxecto. Parabéns polo traballo!!!
O taller abre nos recreos
Queres tempo extra para rematar o teu proxecto? A semana que vén, o taller abre nos recreos:
Luns 9: 1º e 2º recreo
Martes 10: 2º recreo
Mércores 11: 1º e 2º recreo
Xoves 12: 2º recreo
Venres 13: 1º recreo
Trae os teus vasos de iogur de vidro
Non tires os teus vasos de iogur de vidro porque na última semana de clase desta avaliación faremos bombillas incandescentes con eles!!!
Actividades de electricidade
Traballa o tema de electricidade realizando estas actividades.
Electricidade
Fai clic aquí para descargar a unidade de electricidade.

Como se fai un lapis?
Xa coñeces as características dun lapis e tamén sabes como describilo. Queres saber como se fabrica? Non perdas este vídeo!

![IMG_20131115_112516[1]](https://tmanceboblog.school.blog/wp-content/uploads/2019/08/e9797-img_20131115_1125161-e1384529590561.jpg?w=350&h=512)
