Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto un resumo da miña programación que inclúe:
Chegamos á terceira avaliación e agora é o momento de que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos no deseño e realización dun proxecto propio.
Cada grupo debe investigar e decidir que quere construír como proxecto de fin de curso, respectando sempre unha serie de requirimentos. Unha vez tomada a decisión, deben presentarme a idea e discutila comigo para obter a aprobación do proxecto. Nalgunhas ocasións a proposta pode non resultar adecuada por diferentes motivos, e nese caso, o grupo debe realizar modificacións ou presentar unha nova proposta.
Cando o proxecto é aprobado, desenvolven a súa idea en planos, solicitan o material necesario, e comezan a construír.
2º da ESO
Deben incorporar un circuíto eléctrico e non sobrepasar as dimensións dunha caixa de proxectos. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
3º da ESO
Deben incorporar o control de dispositivos cunha placa de arduino e non sobrepasar as dimensións dunha caixa de proxectos. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
4º da ESO
Deben incorporar o control de dispositivos cunha placa de arduino e/ou actuadores hidráulicos. Estes proxectos poden exceder as dimensións dunha caixa de proxectos se é necesario. Algúns dos proxectos en fase de execución son:
Seguirei informando acerca dos 33 proxectos que xa están en marcha!!!
Xa está aberto o prazo de inscrición para a IV Competición de Robots da EEI de Vigo.
Fai clic aquí para acceder a toda a información. Vémonos!!!
En 3º da ESO só temos dúas horas semanais de Tecnoloxía, e iso implica que os proxectos que o alumnado realiza en cada avaliación deben ser máis simples que os de 2º da ESO, polo menos dende o punto de vista construtivo.
Nesta primeira avaliación, adicamos 10 das 24 horas de 3º da ESO á realización de prácticas e un proxecto. A maioría dos grupos optou por deseños que non se desenvolveran en anos anteriores, e un dos grupos decidiu facer unha versión mellorada do vehículo todoterreo do curso pasado.
Nesta ocasión, as whegs están realizadas coa impresora 3D que recibimos recentemente. Se estás interesad@ en descargar o deseño, podes facer clic aquí.
A semana pasada adquirín pintura multisuperficie para o taller.
Debo recoñecer que hai anos era moi reacia a que o alumnado pintara os proxectos polo custo de tempo e cartos que iso implicaba (e porque en moitos casos o resultado era peor que cos materiais á vista).
Pero no mundo real, o aspecto dun produto pode ser o responsable de que escollamos un e non outro de características similares. A elección de cores pode ser importante máis aló do seu valor funcional, e o alumnado debe aprender a tomar decisións tamén neste campo. Por iso xa hai un tempo que decidín integrar a estética no proceso construtivo e penso que foi unha decisión acertada,
Tomando como referencia a folla de proceso cuberta antes de executar a construción, cada grupo decide que pezas se pintan, de que cores e en que momento, sabendo que estas deberán estar listas cando se inicie a montaxe. Cando o alumnado pinta os proxectos aprende a:
Esta semana comezo, por terceiro ano, co traballo dentro da plataforma educativa Classroom. Na primeira sesión o alumnado que aínda non o fixo se unirá ao seu grupo e poderá acceder ao contido. Normalmente introduzo o funcionamento da plataforma cunha pequena actividade na que o alumnado debe escribir a súa resposta nun comentario privado. O obxectivo é que aprenda a publicar un comentario e entregar unha tarefa.
A miña experiencia con Classroom dime que é preferible ir aos poucos, e por iso evito nestas primeiras tarefas o uso de documentos compartidos de Drive ou operacións como inserir imaxes.
O alumnado que remata a tarefa asignada para a sesión, pode ir á Área de Xogos. Nela recollo diferentes propostas que gardan relación co contido da materia. Tamén aparecen as recomendacións que o alumnado realiza cada ano a través do seu grupo de classroom, e que deben pasar unha revisión antes de ser incorporadas.
Esta será a mecánica de traballo ao longo de todo o curso: explicación de 10 minutos, actividades novas para realizar en Classroom, revisión e actualización das actividades anteriores, e Área de Xogos.
Estes días en 3º da ESO estamos facendo exercicios de cálculo de magnitudes en circuítos serie. Coa práctica de mañá repasaremos os contidos vistos nas sesións anteriores, pero ademais o alumnado
A análise de resultados é fundamental porque é a que nos permite tomar decisións. Por exemplo, podemos despreciar a resistencia do cable usado para as conexións cando realizamos cálculos nun circuíto?
Propóñovos unha pequena práctica para introducir o código de cores e o polímetro nunha sesión de 3º da ESO.
Por que utilizamos o código de cores? Comeza entregando unha resistencia a cada alumna e alumno do teu grupo, porque é fácil dar resposta a esta pregunta cunha resistencia na man, pero non resulta tan evidente se nunca viches unha.
Podes contarlles entón como usamos as cores para codificar o valor numérico dunha resistencia, e facer un par de exemplos co teu alumnado. Por se alguén necesita recordalo en calquera momento, podes preparar un videotitorial de consulta:
Unha vez teñas explicado como se len as tres primeiras bandas, xorde inevitablemente a dúbida de para que serve a 4ª banda. Coméntalles que os fabricantes non nos aseguran que a resistencia terá un valor numérico idéntico ao valor nominal, pero este vai estar comprendido entre dous valores, un máximo e un mínimo, que veñen determinados polo valor nominal e a tolerancia.
Sempre hai alguén que pregunta se podemos atopar resistencias cun rango de variación moi pequeno. Por suposto, pero antes deberiamos asegurarnos de que necesitamos esa precisión porque teremos que pagala. Nos circuítos que montamos no taller é suficiente unha precisión en torno ao 5% ou o 10% e por iso todas as resistencias que teñen nas mans presentan unha 4ª banda que é dourada ou prateada.
As resistencias do taller teñen o seu valor dentro do rango de variación indicado polo fabricante? Só temos unha maneira de sabelo: usando o polímetro. Acabamos de chegar ao polímetro como resposta a un problema, e aproveitamos para explicar como se utiliza.
Reparte polímetros pola clase e pide ao teu alumnado que determine o valor nominal, a tolerancia e o rango de variación da resistencia que ten na man. Pídelle a continuación que mida a resistencia co polímetro e determine se se atopa dentro do rango de variación que nos asegura o fabricante ou é preciso facermos unha reclamación 🙂
Con esta práctica o alumnado de 3º da ESO terá aprendido cal é o aspecto dunha resistencia comercial, que é o código de cores, para que serve e como se utiliza, que é o valor nominal, a tolerancia e o rango de variación, e finalmente aprenderá a medir resistencias cun polímetro.