II Concurso da Ciencia en Galego

Este ano xogamos con mazás e unidades de medida galegas nunha actividade na que todo o instituto estivo representado. Grazas a todxs por participar e un agradecemento especial para Modesto pola foto do cartaz e a reportaxe que realizou do evento.

Os gañadores, as clases de 2ºC e 4ºA. Desfrutade da merendola!!!

 

O taller abre nos recreos

Necesitas axuda coa materia que estamos dando en clase? Queres máis tempo para traballar no teu proxecto? A partir desta semana o taller 1 abre os luns e mércores no segundo recreo!!!

Blog de Jorge Cao

Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.

Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Planetario en Pastoriza

captura365

Visita o planetario instalado na aula de Música (2º andar) durante calquera dos recreos desta semana. Reserva a túa praza e aprenderás a localizar a estrela Polar ademais de descubrir o ceo de primavera.

captura367

CUCABOT

Carcasa_normal

Esta semana houbo problemas de acceso á páxina de CUCABOT que estabamos a utilizar polo que deixo un par de ligazóns onde tamén podes atopar información e ideas para o teu robot.

Tamén tes no taboleiro do taller o esquema eléctrico.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos