Se queres descargar a unidade de MECANISMOS, fai clic aquí. Non contén os exercicios (xa tes os enunciados nos boletíns que entrego en clase) nin a parte de transformación do movemento, que veremos máis adiante.
Programación
Se queres descargar a programación do departamento de tecnoloxía do IES de Pastoriza, fai clic aquí.
Photo credit: cohdra from morguefile.com
Velocidade no teclado
Deixo varios xogos online para que practiques co teclado:
VI Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
Non puideches visitar a exposición de proxectos no instituto? Realiza agora unha visita virtual 😉
Si á Tecnoloxía
O actual anteproxecto de lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) pretende minimizar, case eliminar a presenza da tecnoloxía tanto na secundaria obrigatoria coma no bacharelato.
Dende a plataforma estatal de asociacións do profesorado de tecnoloxía (PEAPT) hai en marcha unha recollida de sinaturas. Se queres asinar para dar o teu apoio, podes facelo dende aquí.

Exame de Setembro
O exame de Setembro de Tecnoloxía é o martes día 4 ás 13:20 h na sala de usos múltiples. Lembra que podes traer calculadora.
Photo credit: alvimann from morguefile.com
Chegou o último día de clase…
…e as merecidas vacacións! Moitas grazas pola vosa implicación no taller e na aula de informática. Paseino fenomenal! Para tod@s que desfrutedes do verán e cheguedes a Setembro cunha morea de cousas que contar. Para os que rematades 4º que non olvidedes o instituto e pasedes algunha vez a visitarnos. Boa sorte e feliz verán!!!
Photo credit: jesus-is-lord from morguefile.com
Novos vídeos na canle de YouTube
Vídeos dos proxectos realizados na segunda avaliación xa dispoñibles na canle de YouTube deste blog.
Parabéns a tod@s!!!
Os proxectos están rematados. Parabéns a tod@s polo voso traballo e implicación. Estou realmente contenta e orgullosa cos resultados. A semana que vén teredes as notas.
Photo credit: mensatic from morguefile.com
AVISO IMPORTANTE PARA 3ºC
Lembrade, todos os grupos teñen que entregar o cuestionario do proxecto. Tedes ate o día 23 de Marzo durante a clase de Tecnoloxía.
Photo credit: wallyir from morguefile.com
