Control de proporcionalidade e porcentaxes

O martes día 19 de Outrubro teremos o segundo control da unidade 2. A materia que tedes que repasar é:

  • Proporcionalidade directa e inversa
  • Regra de tres simple e inversa
  • Porcentaxes

Traede calculadora para o exame e as vosas dúbidas ás clases de repaso do xoves e do luns.

Descargar material de clase

Tal e como falamos ao comezo de curso, tedes tres opcións para facervos co material co que vaiamos traballando (presentacíóns, boletíns de exercicios,… ):

  • A través do blog: facendo clic na categoría correspondente ao voso curso aparecerán todos os materiais publicados. Accesible dentro e fóra do instituto.
  • A través da aulateca: na carpeta TECNOLOXIAcurso 2010-11teresa atoparedes unha carpeta para cada curso pero soamente poderedes acceder se estades no contorno do instituto. Esta rede non é accesible desde casa.
  • A través de fotocopias: en conserxería hai unha carpeta azul co meu nome onde tamén figuran os cursos 2ºC e 4ºA. Dentro dela deixarei o material por se preferides fotocopialo no canto de descargalo ou imprimilo.

E por suposto, pedídeme axuda se necesitades algún material que non atopades.

Xogos de lóxica

A competición entre os grupos 1 e 2 estivo realmente axustada pero os gañadores, aínda que só por medio exercicio, son os compoñentes do grupo 2. Parabéns para tod@s!

Aviso: Categorías

Para os que descargades o material.

As categorías non están funcionando ben polo menos desde onte, así que teredes que guiarvos polas etiquetas que figuran ao final de cada post. Agardo que este problema se solucione pronto. Desculpade!

Efectos encadeados e Phineas e Ferb

Nos primeiros tempos da materia de Tecnoloxía estiveron moi de moda as máquinas de efectos encadeados. Eu mesma, por exemplo, dirixín un proxecto destas características no meu primeiro ano como profe.

Phineas_Ferb_Drawing_Board

Calquera pode facer unha e o mellor de todo é que non precisades material especial, senón botar man de obxectos que temos todos na casa. Por casualidade cheguei a esta páxina onde Phineas e Ferb organizan un concurso chamado Reacción en Cadea. Eu anímovos, non a que participedes, senón a que gravedes os vosos propios vídeos de efectos encadeados co móbil e mos enviedes para publicar no blog e na canle de YouTube.

Anímase alguén???

Operacións con números reais

O martes día 5 de Outubro teremos un pequeno control sobre operacións con números reais. Para os que hoxe non viñestes a clase, o único que tedes que repasar a maiores son as potencias de expoñente enteiro. Cólgovos o pdf coas pizarras de toda esta parte da unidade por se queredes botarlles un ollo. De todas formas, o luns repasamos e falamos.

Saúdos!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos