O venres 7 de Outubro realizaremos o control de electricidade nos grupos de 4ºB e 4ºD. Traede calculadora.
Clases de repaso de electricidade
Fai cli aquí para descargar a primeira das pizarras do repaso de electricidade.
Preparados?
A punto de comezar as clases do curso 2011-12…
Photo credit: mrooczek262 from morguefile.com
Boas vacacións!
Este curso foi tremendamente especial para min. Grazas a tod@s por compartilo comigo e que teñades unhas boas vacacións!!!
Photo credit: ppdigital from morguefile.com
V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía
Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías:
- 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio
- 3º da ESO: coche cabledirixido de Ismael, Adrián, Sara e Rocío
- 4º da ESO: ascensor con display de Sara, Paula, Reynaldo e María
Parabéns a tod@s @s alumn@s de tecnoloxía no nome das profesoras do departamento!!!!!!
Ascensor
Proxecto realizado por María, Sara, Paula e Reynaldo de 4ºA.
V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.
Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC
Entrega de traballos
A data límite para a entrega de traballos é o venres 17 de Xuño. Lembrade que é válido calquera soporte multimedia. Sede creativos!!!
Photo credit: mconnors from morguefile.com
Últimos proxectos
Apenas un mes para rematar as clases e os últimos proxectos deste curso van collendo forma. En Xuño teremos un ano máis a Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía do IES de Pastoriza na súa quinta edición.
Photo credit: wallyir from morguefile.com
