Subo o guión da práctica que realizaremos hoxe en clase por se queredes gardar unha copia e aproveito para lembrarvos que a data fixada para o exame de electrónica analóxica é o 3 de Decembro.
Exercicios de polarización dun transistor
A semana pasada comezamos a resolución de circuítos con transistores. Aquí vos deixo o pdf do boletín co que estamos traballando en clase.
Photo credit: pschubert from morguefile.com
Electrónica analóxica
Tras o repaso de electricidade en xeral e de resolución de circuítos en particular, comezamos coa unidade 1: Electrónica Analóxica. Descargade a unidade facendo clic aquí.
Photo credit: ppdigital from morguefile.com
Descargar material de clase
Tal e como falamos ao comezo de curso, tedes tres opcións para facervos co material co que vaiamos traballando (presentacíóns, boletíns de exercicios,… ):
-
A través do blog: facendo clic na categoría correspondente ao voso curso aparecerán todos os materiais publicados. Accesible dentro e fóra do instituto.
-
A través da aulateca: na carpeta TECNOLOXIAcurso 2010-11teresa atoparedes unha carpeta para cada curso pero soamente poderedes acceder se estades no contorno do instituto. Esta rede non é accesible desde casa.
-
A través de fotocopias: en conserxería hai unha carpeta azul co meu nome onde tamén figuran os cursos 2ºC e 4ºA. Dentro dela deixarei o material por se preferides fotocopialo no canto de descargalo ou imprimilo.
E por suposto, pedídeme axuda se necesitades algún material que non atopades.
Aviso: Categorías
Para os que descargades o material.
As categorías non están funcionando ben polo menos desde onte, así que teredes que guiarvos polas etiquetas que figuran ao final de cada post. Agardo que este problema se solucione pronto. Desculpade!
Prácticas coa protoboard ou placa de probas
Unha protoboard ou placa de probas é un dispositivo que permite para realizar conexións entre compoñentes eléctricos e/ou electrónicos sen necesidade de soldadura. Hoxe fixemos a primeira práctica para determinar as diferentes conexións dentro dunha protoboard e se queredes podedes descargarvos o guión facendo clic aquí.
Efectos encadeados e Phineas e Ferb
Nos primeiros tempos da materia de Tecnoloxía estiveron moi de moda as máquinas de efectos encadeados. Eu mesma, por exemplo, dirixín un proxecto destas características no meu primeiro ano como profe.
Calquera pode facer unha e o mellor de todo é que non precisades material especial, senón botar man de obxectos que temos todos na casa. Por casualidade cheguei a esta páxina onde Phineas e Ferb organizan un concurso chamado Reacción en Cadea. Eu anímovos, non a que participedes, senón a que gravedes os vosos propios vídeos de efectos encadeados co móbil e mos enviedes para publicar no blog e na canle de YouTube.
Anímase alguén???
4º ESO: Presentación
Clic aquí para descargar o pdf da presentación que veremos mañá xuntos.
O luns comezan as clases
O luns 20 de Setembro comezamos e xa sei a que grupos lles vou dar clase:
- 4ºD: Ámbito Científico-Técnico e Titoría
- 4ºA: Tecnoloxía
- 2ºC: Tecnoloxías
Vémonos ao longo do día, no que haberá horario normal de mañá e tarde. Un saúdo e boa fin de semana para tod@s!

