Se queres aprender a controlar dispositivos con arduino e non sabes por onde comezar, podes botarlle un ollo a esta páxina. Contén titoriais de diferentes niveis moi completos e claros.
Máquina de Ruber Goldberg
Podes realizar unha tarefa de forma sinxela ou facelo ao modo dos cómics que debuxaba Rube Goldberg a principios do século pasado. Dende entón, o termo máquina de Ruber Goldberg é usado para referirse a un dispositivo que realiza unha tarefa simple dunha maneira moi complexa, xeralmente empregando efectos encadeados e incorporando un mínimo de 10 pasos.
Boa fin de semana!
Recursos para clase
Deixo a ligazón ao meu Blendspace por se queredes acceder dende fóra de Edmodo. Alí irei recompilando os diferentes materiais que vaiamos utilizando en clase.
Probas de acceso a FP
Máis información facendo clic aquí.
Secuencia 0-9 con PICAXE
Secuencia 0-9 controlada cun PICAXE.
Fai clic nesta entrada para ver o vídeo.
Globe at Night
Gústache a astronomía? Queres participar na campaña mundial Globe at Night?
Vén ao taller o xoves día 5 durante o segundo recreo!!!
Planetario de EduCaixa
Visita o planetario de EduCaixa durante a semana do 12 ao 16 de xaneiro. Reserva a túa praza para o día e o recreo que prefiras. Máis información no taller 1.
Felices vacacións
Felices vacacións para todxs. Vémonos en xaneiro!
Proxectos da 1ª avaliación
Xa están dispoñibles na canle de YouTube as fotos e os vídeos dos proxectos da primeira avaliación.