Venres faremos as primeiras probas con PICAXE. Para iso quedaremos en clase e instalaremos o editor de PICAXE e o controlador do cable USB.
Pneumática e Electrónica Dixital
Fai clic aquí para descargar a unidade de pneumática.
Lembra que o último día para entregar os exercicios de electrónica dixital é o venres 18 de Xaneiro. Mañá mércores, no primeiro recreo, estarei no taller 1 por se tes algunha dúbida.
O mundo á noite: pon o teu punto no mapa
Un ano máis está en marcha Globe at Night, un proxecto colaborativo sobre contaminación lumínica a nivel mundial. Participar é moi sinxelo. Observa a constelación de Orión a simple vista e compara as túas observacións cos mapas estelares que atoparás nesta páxina.
Esta primeira fase estará aberta ate o 12 de Xaneiro (avisarei das seguintes). Pon o teu punto no mapa!!!
Electrónica dixital
Fai clic aquí para descargar os apuntes da unidade de electrónica dixital. Os exercicios dareichos en clase en forma de boletín.
Photo credit: imelenchon from morguefile.com
A química do sono
Que nos mantén espertos durante o día e por que temos sono de noite? Non perdas este vídeo! Ademais, entenderás mellor algunha das cuestións que tratamos en clase cando falamos dos LED.
Próximos exames
Datas dos próximos exames:
- 2ºD: xoves 29 de Novembro
- 4ºA: luns 3 de Decembro
- 4ºB: martes 4 de Decembro
- 4º PDC: mércores 5 de Decembro
Photo credit: taliesin from morguefile.com
Si á Tecnoloxía
O actual anteproxecto de lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) pretende minimizar, case eliminar a presenza da tecnoloxía tanto na secundaria obrigatoria coma no bacharelato.
Dende a plataforma estatal de asociacións do profesorado de tecnoloxía (PEAPT) hai en marcha unha recollida de sinaturas. Se queres asinar para dar o teu apoio, podes facelo dende aquí.

Electrónica analóxica
Actualización da unidade de electrónica analóxica incluíndo todas as diapositivas do tema (salvo as de exercicios de transistores que vos darei en forma de boletín). Clic aquí para descargar.
Tamén deixo copia en papel en conserxería por se queres fotocopiar os apuntes.
Photo credit: mconnors from morguefile.com





