Realiza un videotitorial (como mínimo 3 minutos de duración) sobre a aplicación que desexes, descarga o vídeo e publícao nunha entrada que leve por título Screencast-o-matic.
GoAnimate 2
Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:
- A historia debe ser coherente
- Como mínimo debe ter dous personaxes
- Debe incluír un mínimo de seis escenas con voz (tamén pode incluír escenas sen voz a maiores)
- Debe incluír música de fondo en todas ou algunha das escenas
- Debe incluír como mínimo un obxecto que un dos personaxes debe soster na man nalgunha escena
- Debe incluír como mínimo un efecto
- Cando remates, incrusta o GoAnimate no teu blog e ponlle como título GoAnimate 2
Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!
Prácticas con GoAnimate
Realiza a túa primeira práctica con GoAnimate. A acción debe suceder nunha illa pero ti escolles personaxes, música, historia (ben fiada!), obxectos,… Gárdaa e publícaa no teu blog co título GoAnimate 1. Lembra que unha vez gardada, podes editar e modificar outro día.
Edición de vídeo (III): proba03
Continuamos co editor de vídeo de YouTube.
- Fai clic no xestor de vídeos e abre o despregable que aparece xunto do vídeo proba02 (proba01 + as modificacións feitas con vibop)
- Escolle a opción Melloras
- Selecciona unha das posibles opcións e no botón Gardar, fai clic en Gardar como (para non perder o vídeo orixinal)
- Regresa ao xestor de vídeos e fai clic en editar ao lado da copia xerada para cambiarlle o nome por proba03
- De novo no despregable, escolle a opción Anotacións e fai clic en Engadir anotación-Título
- Escribe un título para o teu vídeo e usa a liña temporal para situalo onde desexes e controlar a súa duración
- Fai clic en Publicar e incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 03
Edición de vídeo (II): proba02
Moitas das ferramentas de autor que eran compatibles con YouTube seguen funcionando e seguen sendo compatibles pero YouTube eliminou a pasarela que permitía a comunicación con elas dende o propio xestor de vídeos, polo que terás que entrar dende a páxina propia de cada ferramenta. Antes diso, instala en Mozilla o complemento Flash and Video Download que che permitirá descargar calquera vídeo de YouTube e calquera elemento flash da páxina na que te atopes.
- Descarga o vídeo do exercicio anterior no teu ordenador
- Entra en Vibop
- Sube o vídeo ao editor
- Engade unha introdución
- Engade un efecto
- Publica na túa conta de YouTube o resultado
- Incrusta o vídeo no teu blog co título Proba 02
Clases de apoio
Como vén sendo habitual, este ano tamén impartirei clases de apoio de Tecnoloxía para a parte científico-técnica da proba de acceso a FP de grao medio. Comezaremos á volta das vacacións e serán durante os recreos (xa vos informarei dos días e das horas por se queredes asistir). Repasaremos exames de convocatorias anteriores e aprenderemos a respostar un exame tipo test onde os erros restan puntos 🙂
![]()
Edición de audio: programa de radio con Spreaker
Emprega Spreaker para crear un programa de radio cos seguintes requisitos:
Photo credit: pjhudson from morguefile.com
- Debe ter unha duración de entre 5 e 6 minutos
- Debe incluír como mínimo unha canción (ollo coas licenzas!!!)
- Debe incluír como mínimo dous efectos
- Debe incluír voz
- a vosa voz
- xerada cun sistetizador de voz como VozMe
- A temática é libre: programa de deportes, anuncio, entrevista, novas, programa de música, capítulo dunha serie de terror, programa de humor novas do instituto,… ti elixes pero o resultado debe ter un fío argumental e incluír a palabra XALUNDES.
- Cando remates, incrusta o podcast no teu blog de aula (pídeme axuda).