Seguro que hai carpetas que utilizades con frecuencia e que tedes que abrir a golpe de rato, minimizando en moitas ocasións todas as ventanas abertas para acceder ao Escritorio. Desde genbeta nos propoñen unha maneira alternativa a través de combinacións de teclas:
-
Creade un acceso directo á carpeta e situádeo por exemplo no Escritorio
-
A continuación facede clic dereito sobre el e seleccionade Propiedades
-
Na caixa de Tecla de método abreviado escribide a tecla que servirá para abrir a vosa carpeta (por exemplo i se se trata da carpeta instituto)
-
A partir de agora poderedes abrir a carpeta instituto facendo CTRL+ALT+i
Funciona tamén para accesos directos a arquivos.









