Utiliza esta imaxe e fotor para realizar unha tarxeta similar á que se mostra pero co lazo na parte inferior. Emprega XnView para escribir o teu nome no borde superior esquerdo como marca de auga. Sube o resultado ao teu blog.

Edita unha imaxe, realiza un collage, deseña a túa postal… todo con Fotor.

Realiza con XnView a corrección de ollos vermellos para a seguinte imaxe

e publica o resultado no teu blog.
Incorpora un contador de visitas no teu blog.
Consulta o vídeo e as ligazóns sobre virus, antivirus e cortalumes para realizar o teu propio vídeo (como máximo 2 minutos de duración) sobre seguridade en internet. Emprega o teu móbil (avísame antes) para crear un vídeo similar ao de mostra e non te preocupes polo audio (lembra que podemos eliminalo logo de subir o vídeo a YouTube).
Photo credit: wintersixfour from morguefile.com
Emprega a aplicación padlet para explicar a historia de internet. Primeiro terás que ver o vídeo do post anterior e o seguinte videotitorial.
Continuamos traballando na publicación de contidos de diferentes maneiras e nesta ocasión empregaremos murally para realizar a seguinte tarefa. En que consiste? Terás que ver o videotitorial que vén a continuación…
Publica a tarefa co título Murally.
Realiza un videotitorial (como mínimo 3 minutos de duración) sobre a aplicación que desexes, descarga o vídeo e publícao nunha entrada que leve por título Screencast-o-matic.
Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:
Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!