XnView

Terás que instalar XnView para realizar as próximas prácticas de tratamento de imaxe. Descarga o executable facendo clic aquí.

CKEditor

CKEditor é un editor de texto online que permite obter o código html de calquera documento editado. Empregarémolo en clase de informática, así que se queres podes ir botándolle un ollo.

Xogo con GameMaker

Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:

  1. Ventana ao comezo do xogo indicando o nome do xogo e as instrucións para xogar.
  2. Un dos sprites será unha cruz verde creada por ti.
  3. Debe incluír como mínimo un son.
  4. Pode ter ate dúas pantallas.
  5. Ningunha das accións pode provocar erros.
  6. Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.

Tes ate o 23 de Marzo para entregarme o executable: apelido_nome.exe

GameMaker

Seguindo coa creación e publicación de contido multimedia, comezamos co editor de xogos GameMaker. É unha aplicación gratuíta que terás que descargar e instalar.

Máquina de refrescos

Crea unha historia animada con GoAnimate que teña un mínimo de 4 escenas. Súbea á túa conta de YouTube e publícaa no teu blog nun post que leve por título Máquina de Refrescos.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos