Hoxe comezamos con formulación. Facede clic aquí para acceder a unha táboa periódica.
Proxecto colaborativo: Contaminación Lumínica
Dende o Ámbito Científico-Técnico de 4ºD participaremos ate o 6 de Marzo nun proxecto colaborativo de caráter mundial: Globe at Night.
Trátase de determinar a contaminación lumínica en calquera punto da Terra a través da observación da constelación de Orión. As nosas medicións formarán parte dun mapal global onde se rexistrarán medidas realizadas en todo o Mundo.
A suxestión chéganos a través de Astronomía na Beirarrúa (grazas!). Animádevos a participar con nós, soamente precisaredes uns minutos!!!
Para introducir os datos da túa observación, fai clic aquí.
FluidSIM
Podedes descargar a última versión de FluidSIM facendo clic aquí. Lembrade que ao ser unha demo, non vos permitirá gardar os circuítos e a aplicación se pechará aos 30 minutos (pero se pode abrir novamente cantas veces queirades).
Drivers para o cable USB de descarga de PICAXE
A descarga de programas ao PICAXE faise por defecto a través do cada vez menos utilizado porto serie. Existen adaptadores que permiten converter un cable de descarga serie nun USB, pero se ides mercar un novo, que sexa USB. Os drivers que permiten o funcionamento deste dispositivo, poden descargarse aquí.
Stellarium
Podedes descargar Stellarium seguindo esta ligazón.
Tomando medidas X: Contar días
Cantos días faltan para…? Date Calculator é unha aplicación online que permite facer o cálculo a golpe de clic.
Visto en wwwhat’s new.
Unha wiki de OpenOffice
Fai clic aquí para entrar.
Test online
Testmoz é unha ferramenta que permite elaborar un test online, asocialo automaticamente a unha URL e mesmo protexelo cun código de acceso para que os nosos alumnos non entren antes de tempo 🙂
Ademais, cada persoa que realiza o test debe identificarse cun nome de usuario e o autor do test ten acceso á puntuación de cada usuario, data e tempo de realización,…
Visto en Free Technology for Teachers.
Tecnoprofes
A rede de profesores de Tecnoloxía mudou ao deixar de ser gratuíto ning. Agora estamos aquí.
Comparte Física
Miña irmá faime chegar Knotebooks, unha aplicación onde compartir coñecementos sobre Física.







