O venres 7 de Outubro realizaremos o control de electricidade nos grupos de 4ºB e 4ºD. Traede calculadora.
V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.
Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC
Exame de acceso libre a FP de GM
Mañá celébranse as probas de acceso libre para ciclos de FP de GM. Os mellores desexos para @s nos@s chic@s!!! Tal e como quedamos, o próximo xoves ás 11:30 correxiremos o exame xuntos no taller 1.
Photo credit: grietgriet from morguefile.com
XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza
Os días 6 e 7 de Maio terán lugar as XI Xornadas de Tecnoloxía de Galiza organizadas por APETEGA no IES Francisco Asorey de Cambados. Vémonos!
O modelado do relevo
A exposición de traballos sobre o modelado do relevo comezará o vindeiro luns día 14 de Febreiro. A orde é a seguinte:
- Many: Tectónica de placas
- Adry: Volcáns
- Yasmín: Terremotos
- Tamara: Acción xeolóxica das augas superficiais
- Aitor: Acción xeolóxica das augas subterráneas
- Nerea: Acción xeolóxica do xeo
- Mau: Acción xeolóxica do vento
- Cris: Acción xeolóxica do mar
- Irma: Procesos no relevo debidos aos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación
Photo credit: eos53 from morguefile.com
Aviso importante
Os resultados do test de estruturas IV xa están revisados e efetivamente hai correcións nalgunha das notas porque a aplicación fai diferenza entre maiúsculas e minúsculas e estaba dando erro en preguntas respostadas correctamente. A relación de notas modificadas:
- Cristina: 7,2
- Ezequiel e Iago: 7,2
- Jesús e Juan Carlos: 8,3
- Martín: 6,7
- Paco: 7,8
- Raquel e Laura: 7,2
Véxovos o mércores en clase e falamos. Grazas polo aviso!

