O luns comezan as clases

O luns 20 de Setembro comezamos e xa sei a que grupos lles vou dar clase:

  • 4ºD: Ámbito Científico-Técnico e Titoría
  • 4ºA: Tecnoloxía
  • 2ºC: Tecnoloxías

Vémonos ao longo do día, no que haberá horario normal de mañá e tarde. Un saúdo e boa fin de semana para tod@s!

Comezo das clases

De acordo co aviso que podedes ler na porta do instituto, as clases comezarán o luns día 20 de Setembro con horario normal de mañá e tarde. Vémonos!

Cambio de dirección

A URL de Ciencia +Tecnoloxía acaba de mudar para http://teresaml.blogaliza.org (agardo que xa non haxa máis cambios neste sentido pola miña parte 🙂

Grazas a Pedro, administrador de Blogaliza, ao introducir a URL vella, seredes redirixidos á nova, pero imaxino que teredes que facer os cambios necesarios nos lectores de feeds.

Grazas e desculpade as molestias.

Non tiredes nada!!!

O cargador dun móbil vello é unha fonte de tensión, o pau dun chupa pódese utilizar para conectar unha engrenaxe co eixo dun motor, o taṕon dunha botella de leite pode ser unha boa roda e o vaso de vidro dun iogur pode empregarse para construír unha lámpada de incandescencia.

Para que os alumnos saiban que todo o material do taller se reutiliza, o último que facemos cando o curso está para rematar é desmontar os proxectos con eles para recuperar todos os compoñentes. Sempre gardamos proxecto algún para amosallelo aos alumnos dos cursos seguintes, pero a filosofía do taller de Tecno é reutilizar.compoñentes

Este curso pasado foi complicado no departamento e Xuño chegou “antes do que agardabamos” polo que non puidemos facer este exercicio cos alumnos.

Hoxe comecei a desmontar proxectos e este era o aspecto que tiña unha das mesas do taller nun momento. E podo asegurarvos que é só unha pequena parte! Ademais, logo de desmontar vén o de clasificar para poñer cada cousa no seu sitio.

Non pensedes que me queixo, pásoo xenial cun desaparafusador na man 🙂

Comezo das clases

A data oficial para o comezo das clases é o 17 deste mes pero todavía non podo dicirvos a que horas serán as presentacións. Estade atentos ao blog, porque publicarei aviso en canto teña novas.

Día do Blog

Parece ser que desde hai cinco anos o 31 de Agosto é o Día do Blog (e eu sen sabelo!) así que creo que todavía chego a tempo para desexarvos feliz día!

Exames de Setembro

importanteQue rápido pasou o verán! O tempo foi inmellorable e seguro que aproveitastes para facer unha chea de cousas… pero todo o bon remata e hoxe xa é día 30 de Agosto, o que quere dicir que pronto nos veremos por Pastoriza.

Seguro que todos vós tedes o calendario de exames en papel, pero tamén podedes consultar a data, hora e lugar dos exames de Tecnoloxía e Informática no Taboleiro de anuncios deste blog.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos