Somos po de estrelas

Non vos perdades esta entrada de amazings. Se non poño o vídeo incrustado é porque estes días está habendo algún problema cos vídeos, pero tede paciencia, que estou segura que dentro de nada estará resolto.

universo

Facendo balance en 5 parágrafos

engrenaxeEn menos de dúas semanas comezaremos o curso 2010-11 e este será o terceiro ano que impartirei o Ámbito Científico-Técnico nun grupo de PDC. O curso pasado pensei en colgar todo o material co que traballamos no Ámbito no Blog de Tecnoloxía pero non me sentía moi cómoda con esta opción, polo que decidín crear un novo blog no que tamén os alumnos do grupo eran editores. Foi unha experiencia xenial. Con todo, esta solución tampouco me fixo sentir moi cómoda porque non me resulta natural separar ciencia e tecnoloxía cando fóra do mundo académico camiñan diariamente da man. E nin vos imaxinades o esforzo que supón manter á vez dous blogs (esa foi a razón principal pola que desapareceu o curso pasado a sección da Aplicación da Semana).

Por outra banda está a constante actividade no noso instituto para a que sempre houbo un oco no Blog de Tecnoloxía. A pesar de que por fin temos páxina web, quero seguir contándovos cando vai ser o magosto ou se este ano teremos concurso de relatos no Samaín.

Por último hai unha razón de tipo persoal. Encántame ser profe de tecnoloxía (nunca saberedes o ben que o paso) pero hai ocasións nas que me apetecería escribir sobre temas non necesariamente relacionados coa docencia da tecnoloxía, e se non o fago é porque na parte de arriba do blog pon “Blog de Tecnoloxía”. Ben, durante o verán consigo esquecerme do título con máis facilidade 😀

A onde nos leva todo isto? A que quero manter o eixo do blog, que son os contidos de Tecnoloxía, pero tamén quero incluír de forma natural contidos relativos a todas as materias nas que imparta clase, como é o caso do Ámbito Científico-Técnico. Quero falar do que acontece por Pastoriza e tamén contarvos de vez en cando cousas que non teñan que ver con ningunha delas. A solución á que cheguei foi a un cambio de título para o blog que me proporcione a liberdade que busco, que conlevará tamén un cambio na URL.

Isto non vai suceder de hoxe para mañá (entre outras cousas porque todavía necesito ese título para o blog!). Avisareivos con tempo porque me encantaría que seguirades visitándonos. Estade atentos tamén os que nos seguides a través de lectores de feeds! E sobre todo, moitas grazas!!!

Buscando o camiño

Estes días teño algo máis de tempo e seguramente aproveitarei para buscar a estética que quero para o blog. Tede paciencia se cada vez que entrades nada está no seu lugar, ao mellor é debido a que todavía non ten un lugar 🙂

ACTUALIZACIÓN: Non sei que opinaredes vós, pero eu estou satisfeita co resultado. Todos os recursos dispoñibles para descargar están agora noutra páxina (accesible desde Recursos educativos) na vez de atoparse directamente na barra lateral. Tamén alixerei algunha cousiña máis. A ver que tal nos manexamos todos!

Os últimos vídeos deste curso

E xa por fin os últimos vídeos deste curso, os que corresponden aos proxectos de 3ºA. O que podedes ver debaixo destas liñas é o temporizador do grupo verde, deseñado e construído en pouco máis de dúas sesións porque o deseño inicial non funcionou como estaba previsto. Xa sabedes que na canle de youtube podedes atopar este vídeo e moitos máis de 3ºA, 3ºBC, 2ºC e 2ºD.

Algúns destes proxectos serán gardados para a exposición permanente que temos no taller 1 pero a maioría serán desmontados para reciclar o material o curso que vén. Se estades interesados en quedar co voso proxecto, buscádeme o día da entrega de notas para collelo no taller.

3º ESO: Exame de recuperación

maza e libros

Hoxe colguei no taller a lista de alumnos que deben realizar o exame de recuperación da semana que vén, indicando para cada un as unidades das que ten que examinarse. Consultádea e preguntádeme se tedes dúbidas.

3º ESO: Últimas clases

O plan de traballo para as últimas clases é o seguinte:

3ºA

  • Martes día 8: proxecto
  • Mércores día 9: proxecto
  • Martes día 15 proxecto (último día)
  • Mércores día 16: exame de recuperación

3ºBC

  • Luns día 7: proxecto
  • Xoves día 10: proxecto
  • Luns día 14: proxecto (último día)
  • Xoves día 17: exame de recuperación

Nos próximos días sacarei unha lista dos alumnos que teñen que realizar o exame de recuperación indicando a materia da que se teñen que examinar.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos