Ola Blogaliza!!!

porta

O Blog de Tecnoloxía trasladouse de Blogger a Blogaliza. A partir de hoxe todas as anotacións serán publicadas só aquí. Nos próximos días incorporarei todo o contido. Entrade, sodes benvidos!!!

Clases de apoio para a proba de acceso a FP

O martes día 25 de Maio comezaremos resolvendo a proba correspondente ao ano 2009 e repasando os contidos relacionados. Nas próximas clases revisaremos todos os exercicios das probas de anos anteriores, cando todavía se avaliaba a tecnoloxía no mesmo exame que as matemáticas.

Xa recompilei para vós todos os exercicios que aparecen en todas as convocatorias desde o ano 2004. O martes pásovos as fotocopias, pero tamén podedes descargalas na sección 3ª AVALIACIÓN deste blog. Vémonos!

Proba de acceso a FP: clases de apoio

Estás preparando a proba de acceso para FP de grao medio? A partir da semana que vén impartirei clases de apoio da parte de Tecnoloxía no taller 1. En principio o horario será o seguinte:
  • Día: martes
  • Hora: de 10:40 a 11:30 (3ª hora)

3º ESO: Proxecto de fin de curso

Está colgado o guión do proxecto de fin de curso na sección 3ª AVALIACIÓN.

@s alumn@s de 3º terán que deseñar e construír un temporizador que se accione con pulsador e acenda unha lámpada transcorridos 10 segundos. Poden incorporar todos os elementos que consideren oportunos sabendo que valorarei entre outras cuestións, a creatividade no deseño. Poderedes ver os resultados na exposición-concurso que un ano máis realizaremos no mes de Xuño.

Wiki pechada á edición

candadoAcabo de bloquear as páxinas da wiki para a súa avaliación. Podedes acceder á vosa conta e facer uso das utilidades como a mensaxería, pero non editar.
Boa fin de semana!!!

AVISO para 3ºA

Bo día a tod@s!

Hoxe non podo ir ao instituto. Aproveitade o tempo para rematar as vosas entradas na wiki e preguntádeme as dúbidas que teñades en persoa (xoves e venres) ou por correo electrónico. Lembrade que o venres é o último día que teredes permiso para editar.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos