3º ESO: Wikimateriais

Esta semana teremos a última clase na que traballaremos en wikimateriais. A partir do venres comezarei a avaliación do voso traballo e para iso bloquearei todas as vosas contas e xa non poderedes editar, pero si visitar a wiki.

Na semana que vén comezaremos co proxecto de fin de curso, ao que adicaremos as dúas horas semanais. Sería interesante que houbera polo menos un portátil por grupo sobor de todo na fase de busca de información e deseño.

3º ESO: Wikimateriais

Os alumnos de 3ºA comezarán coa wiki o mércores e os de 3ºBC o xoves. É necesario que antes me enviedes un mail dende a vosa conta de gmail para que vos poda convidar á wiki, e que vos rexistredes a continuación. Lembrade que vos xogades un negativo…

3º ESO: Wikimateriais

Xa está en marcha a wiki de materiais coa que imos traballar ao longo deste mes. Se me enviaches un mail coa túa dirección de gmail, xa tes unha invitación na bandexa de entrada para ser membro da wiki. Sigue as instrucións para rexistrarte e envíame un mail ou pregúntame no instituto se tes algunha dúbida.

3º ESO: contas de correo

wikimateriais

Ante todo, boas vacacións! Á volta comezaremos a traballar na wiki de materiais e lembrade que nestes días tedes que crear unha conta de correo de gmail onde figure o voso nome e apelido e enviarme un mail dende ela.

3º de ESO: Exames da semana que vén

Aquí estou de novo despois de moitos días de ausencia. Xa sabedes que esta semana estiven de baixa pero o luns estarei de novo polo instituto. Quería lembrarvos as datas dos exames de electricidade de 3º:
  • 3ºBC: luns día 15 de Marzo na aula de 3ºB
  • 3ºA: martes día 16 de Marzo na aula de 3ºA
Lémbrovos tamén que os exercicios de resolución de circuítos e cálculo de potencia e enerxía serán semellantes aos dos boletíns e que da parte de instalacións eléctricas en vivendas preguntarei basicamente teoría. Repasade todo o que fixemos en clase e o material da unidade (presentacións, boletíns,…) e se tedes dúbidas, consultade con Mónica (a miña substituta), buscádeme o luns ou enviádeme un correo nestes días.

Ah, traede calculadora para o exame!

Exame de pendentes: OLLO!!!

importanteA hora indicada no post do 8 de Febreiro é incorrecta. O exame de pendentes terá lugar ás 10:45 horas (3ª hora) tal e como se indica nos calendarios que tedes nas aulas. Desculpade as molestias.

3º ESO: Calendario

Na sección 2ª AVALIACIÓN está colgado o calendario de entrega dos diferentes boletíns, así como outras datas de interese para esta avaliación.

3º ESO: Aviso importante

Agardo que todos vós pasarades unhas boas vacacións e veñades con moitas ganas de traballar 🙂

Posteo este aviso para comentarvos que nesta avaliación traballaremos diariamente co portátil polo que é necesario que todos o traiades todos os días que teñamos clase de Tecno coas baterías cargadas. Vémonos o luns!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos