3º ESO: Proxecto do pinball

Os alumnos de 3ºBC tiveron hoxe a última clase de taller antes da avaliación dos proxectos e houbo un grupo que rematou totalmente o seu pinball. É unha pena non contar cun par de días máis para poder facer os axustes que son sempre necesarios para que todo funcione correctamente, e xa postos a pedir, poder coidar da estética, que tamén é importante.

Nos próximos días sacarei fotos de todos os proxectos e as colgarei para que podades amosar o voso traballo fóra do instituto. Por certo, xa están todos puntuados e en xeral, ben 🙂 As notas da avaliación terédelas o xoves.

Almanaque de Advento

advento

O Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Plástica están dirixindo a construción dun almanaque de Advento na entrada do instituto. Se queredes engadirlle o voso adorno, podedes entregarllo a Montse ou a María José, profesoras responsables desta iniciativa. Lembrade que non tedes que incluír o número de día no adorno, xa que se poñerá posteriormente.

Gracias a tod@s por participar e a Montse e María José por traernos os primeiros aires do Nadal!

3º ESO: Aviso

Todavía hai alumnos que non entregaron o boletín de mecanismos e xa sabedes que hoxe é a data límite. As dúas últimas horas da mañán estarei na aula de 3º de PDC, situada no 2º andar. Tamén podedes pasarvos pola sá de profesores e entregalo para que mo deixen no meu casilleiro. Gracias!

O taller abre nos recreos

Quedan poucos días para a avaliación e quero darvos a oportunidade de adiantar os proxectos durante os recreos. Esta semana abrirei o taller 1 nos seguintes recreos:
  • Xoves: 1º recreo
  • Venres: 1º recreo

Como sabedes, a asistencia é voluntaria e non a terei en conta na nota. Cada grupo deberá valorar se as sesións que quedan antes da avaliación son suficientes para rematar o proxecto ou se pola contra considerades que necesitades vir nalgún recreo para adiantar traballo. É necesario que polo menos a metade do grupo asista para poder traballar no proxecto.
Tamén abrirei o taller algún recreo durante a semana que vén.
Este aviso é válido para os meus alumnos, tanto de 2º coma de 3º.

3º ESO: Boletín de exercicios

importanteLembrade que a data límite para entregar resolto o boletín de exercicios do tema de mecanismos é o 4 de Decembro e que despois deste día non recollerei ningún boletín. Lembrade tamén que fará media coa nota do exame e que podedes preguntarme todas as dúbidas que teñades na súa resolución.

3º ESO: Boletín para entregar

alicatesO boletín de mecanismos que teredes que resolver e entregar xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN. Podedes descargalo ou agardar a que volo reparta en clase. A data límite para entregarmo é o 4 de Decembro e despois dese día non o recollerei.

Se tedes dúbidas con algún exercicio, buscádeme no taller 1 ou na sá de profesores durante os recreos.

3º ESO: Proxecto do pinball

E por fin chegou o día de comezar co proxecto do pinball!!! Mañán en 3ºA e o xoves en 3ºBC teremos a primeira sesión de traballo. O cuestionario xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN por se o queredes descargar, pero de todas formas vos darei copia en papel no taller. Ide pensando como queredes facer os grupos…

2º ESO: Comezamos o proxecto

Esta semana comezamos co proxecto da 1ª avaliación en 2º C e D. Déixovos o cuestionario e o deseño do proxecto na sección 1ª AVALIACIÓN para que podades descargar os dous documentos.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos