Planetario de EduCaixa

Visita o planetario de EduCaixa durante a semana do 12 ao 16 de xaneiro. Reserva a túa praza para o día e o recreo que prefiras. Máis información no taller 1.

O taller abre nos recreos

Necesitas axuda coa materia que estamos dando en clase? Queres máis tempo para traballar no teu proxecto? A partir desta semana o taller 1 abre os luns e mércores no segundo recreo!!!

Problemas con Chrome

Veño de ler en wwwhatsnew que Google admite un fallo de funcionamento de Chrome en Windows. O navegador non entra en repouso cando está en segundo plano. Se tes aberto Chrome, está consumindo recursos do teu equipo. Debido a este consumo, a batería baixa máis rapidamente no caso de que non teñas enchufado o portátil.

Dende Google aseguran estar traballando nunha solución para este problema que foi detectado en 2010.

Astronomía en Edmodo

Acabo de crear un grupo de Astronomía en Edmodo. Aí daremos aviso de eventos, colgaremos fotos e en xeral, compartiremos información.
Queres unirte? O código de acceso é bdss72

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos