2º ESO: Exame de electricidade

As datas para o exame de resolución de circuítos son:

  • 2º B: martes 3 de Febreiro
  • 2º A: venres 6 de Febreiro
Lembrade que é moi aconsellable traer calculadora ao exame e que non se pode empregar o móbil como calculadora. A semana que vén marcaremos recreos para dúbidas.

4º ESO: Control e robótica

control e robotica

Comezamos a segunda avaliación e fixémolo coa unidade 3: Control e Robótica. Na sección 2ª AVALIACIÓN tedes a presentación correspondente en formato pdf. Aínda non está completa pero podedes ir descargando estas diapositivas e xa vos avisarei cando faga algunha actualización.

Este ano utilizaremos por primeira vez os LEGO Mindstorms pero iso será dentro dunha semana. A ver se colgamos entón un vídeo coa nosa experiencia!

2º ESO: Proxecto

Andamos tan a cen para rematar o proxecto antes da avaliación que nin tempo teño de sacar fotos durante as sesións de taller 🙂
Mañán xoves non poderei abrir o taller no primeiro recreo como estaba previsto, pero para compensar, terédelo aberto no segundo recreo.
A semana que vén tentarei abrir todos os días durante os dous recreos. Poñerei aviso na porta do taller 1. Xa sabedes que a asistencia é absolutamente voluntaria e non puntuable 🙂 A única recompensa é dispoñer de tempo para rematar os vosos proxectos.

2º ESO: Exame de Electricidade

A semana que vén teremos o exame de electricidade en 2º de ESO:

  • 2º A: venres 12 ás 13:35
  • 2º B: martes 9 ás 13:35
Estudiade moito. Mirade con calma a teoría e repasade os exercicios feitos en clase. Se tedes dúbidas buscádeme durante os recreos na sá de profesores ou no taller 1.

2º ESO: Cuestionario do proxecto

Hai xa unhas cinco semanas que comezamos co proxecto en 2º de ESO. Estamos a construír un detector de metais moi similar ao proposto no noso libro de Tecnoloxía (Santillana). Nas próximas semanas colgarei fotos do proceso de construción e mentres vos deixo o cuestionario co que estamos traballando na sección CURSO 2008-09.

Ah, boa fin de semana!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos