Nesta dirección podedes ver a foto que vos sacaron os monitores de Sotavento durante a nosa visita de hoxe (clases de 3º C e 3º D).
Visita a Sotavento
O xoves e o venres desta semana, imos de visita a Sotavento cos alumnos de 3º de ESO. Se queredes ir botando un ollo a todo o que alí veremos, aquí tedes un enlace á páxina deste parque eólico:
http://www.sotaventogalicia.com/galego/index.php
Aconséllovos que levedes calzado cómodo e tamén unha prenda de abrigo, pois é moi posible que realicemos actividades tamén no exterior.
4º ESO: Traballos dos inventos
Algúns enlaces interesantes para que busquedes información:
Exame de 3º de ESO
A semana que vén teremos o exame da unidade 4: Instalacións técnicas. As datas para os diferentes grupos son:
-
3º A: venres 24 de Febreiro
-
3º B: venres 3 de Marzo
-
3º C: xoves 23 de Febreiro
-
3º D: xoves 23 de Febreiro
Exame de 4º de ESO
Lembrade que o mércores día 15 de Febreiro temos exame da unidade 4 (control programado). Tedes na zona de descarga as solucións do boletín de repaso que vos entreguei. Tamén podedes baixalo facendo clic co botón dereito neste enlace:
3º ESO: Instalacións técnicas
Tal e como quedamos, aquí tedes a dirección da páxina que estamos utilizando en clase para a unidade de instalacións técnicas:
3º de ESO: Boletín de exercicios
Lembrade que ao longo desta semana tedes que entregarme o boletín de exercicios correspondente á unidade 3: A enerxía e as súas transformacións.




