Exame de PICAXE

Tras nove días de prácticas con PICAXE, o luns sumaremos a décima e nos preparamos para o exame. Como xa comentamos en clase, o exame será en dous días:
MARTES 25: Alfonso, Yago, Álvaro S., Elisa, Eliseo, Uxía Veira, Sara e Joel.
VENRES 28: David, Aitor, Uxía Vázquez, Ignacio, Laura, Uxía Gea, Carlos e Álvaro B.

Poderedes escoller exame entre tres niveis de dificultade (e puntuación) tendo que aplicar todo o aprendido en clase para resolvelo. Calificarei a montaxe do circuíto e o programa que fai posible o seu funcionamento.
Avisádeme se queredes practicar máis nalgún recreo.

axe023

Recreos para rematar o proxecto

100g_0622

Remataches o proxecto do tema de estruturas? Podes facelo ao longo da semana que vén nos seguintes recreos:

  • Luns día 10: primeiro recreo.
  • Mércores día 12: segundo recreo.
  • Xoves día 13: segundo recreo.
  • Venres día 14: primeiro recreo.

AVISO

O mércores día 11 non poderei abrir o taller no primeiro recreo porque teño exame na aula de informática c@s alum@s de 4ºACD. O resto de días, manteño o horario publicado.

importante

O taller abre nos recreos

Queres tempo extra para rematar o teu proxecto? A semana que vén, o taller abre nos recreos:

Luns 9: 1º e 2º recreo

Martes 10: 2º recreo

Mércores 11: 1º e 2º recreo

Xoves 12: 2º recreo

Venres 13: 1º recreo

Próximos exames

Datas dos próximos exames:

  • 5 de Decembro: exame de ELECTRICIDADE de 2ºB
  • 9 de Decembro: exame de GIMP de 4ºB
  • 11 de Decembro: exame de GIMP de 4ºACD
  • 11 de Decembro: exame de ELECTRICIDADE de 2ºA
  • 13 de Decembro: exame de ELECTRÓNICA de 4ºA

Aviso: Canle de YouTube

Estou facendo modificacións na canle de YouTube asociada a este blog, así que é posible que estes días non che carguen os vídeos e mesmo desaparezan das entradas antigas. Grazas pola túa paciencia!

I Concurso da Ciencia en Galego

Os departamentos de Física e Química, Plástica e Tecnoloxía convócanvos ao I Concurso da Ciencia en Galego e dan as grazas aos alumn@s de 4ºB polo fantástico traballo que fixeron na decoración dos ovos do certame.

IMG_20131115_112516[1]

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos