Electrónica analóxica

Actualización da unidade de electrónica analóxica incluíndo todas as diapositivas do tema (salvo as de exercicios de transistores que vos darei en forma de boletín). Clic aquí para descargar.

Tamén deixo copia en papel en conserxería por se queres fotocopiar os apuntes.


Photo credit: mconnors from morguefile.com

Sesión de fotos

Nos próximos días empregaremos a aplicación online PhotoPeach para facer montaxes de fotos e música. Como se trata de que utilices as túas propias fotos, lembra traer a túa cámara ou móbil ao instituto os seguintes días:

  • 4ºACD: venres día 9 de Novembro
  • 4ºB: luns día 12 de Novembro

Tamén precisarás o cable para realizar a descarga das fotos ao ordenador ou un lector de tarxetas con entrada USB.


Photo credit: clarita from morguefile.com

XnView

Terás que instalar XnView para realizar as próximas prácticas de tratamento de imaxe. Descarga o executable facendo clic aquí.

Test de sistemas operativos

As datas para realizar o test online da unidade de sistemas operativos son:

  • 4ºACD: venres 26 de Outubro
  • 4ºB: martes 23 de Outubro

Fai clic aquí para entrar no test e rexístrate:

  • Your Name: escribe A para 4ºA, C ou D e B para 4ºB seguido dos teus apelidos e o teu nome (exemplo: B mancebo lopez teresa). Non empregues tiles, maiúsculas ou comas.
  • Passcode: direicho o día do exame 🙂

Exames de 4ºA

Acabo de corrixir os exames de electricidade de 4ºA e estou realmente satisfeita cos resultados. Bo traballo!!! Que teñades unha boa fin de semana.

Exames de electricidade de 4º de ESO

 O exame do tema de repaso de electricidade terá lugar os seguintes días para cada grupo:

  • 4ºA: luns día 8  de Outubro (ollo coa actualización!!!)
  • 4ºB: xoves día 11 de Outubro
  • 4ºPDC: mércores 10 de Outubro

Lembrade que o exame se realizará nas vosas aulas, non no taller e que é recomendable traer calculadora (o móbil non pode ser empregado como calculadora).

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos