IV Competición de Robots da EEI
Xa está aberto o prazo de inscrición para a IV Competición de Robots da EEI de Vigo.
Fai clic aquí para acceder a toda a información. Vémonos!!!
Flash en Chrome
Estás en Chrome e ao facer clic sobre un arquivo de tipo flash, se inicia unha descarga na vez de executarse o arquivo? Podes evitalo facendo o seguinte:
- Vai á Configuración de Chrome e ao final da páxina, fai clic en Configuración avanzada.
- Dentro do bloque Privacidad y seguridad, fai clic en Configuración de contido.
- A continuación, fai clic en Flash e desactiva a opción Preguntar antes.
Xogos con Scratch
Este libro de Jon Woodcock é unha proposta interesante para as bibliotecas escolares. De maneira totalmente visual, e partindo de cero, esta guía introduce os conceptos fundamentais de Scratch a través da realización de 8 videoxogos.
Sígueme en Pinterest
Fai clic aquí para acceder aos meus taboleiros de Pinterest.
OSHWDem 2017
Arranca unha nova edición do OSHWDem programada para o 11 de novembro de 2017 na Domus.
Activar Flash en Chrome
Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.
Semáforos no chan
Todos deberiamos gardar o móbil no peto cando camiñamos polas rúas, e aproveitar os nosos desprazamentos para desconectarnos dos dispositivos e conectarnos coa xente e os lugares. A realidade é que nin sequera andando despegamos os ollos das pantallas, e iso afecta á nosa seguridade como peóns.
Dende Australia propoñen unha solución que consiste en instalar dispositivos que funcionan como semáforos no chan, proporcionando ás persoas información para cruzar as rúas de maneira segura.
Visto en wwwhat’s new.
Citar mensaxes en whatsapp
Coa última actualización de whatsapp é posible citar unha mensaxe concreta e respostala directamente. Esta opción pode ser moi útil cando mantemos conversas dentro dun grupo e as mensaxes continúan aparecendo mentres nós tecleamos.
Só tes que pulsar de forma prolongada sobre a mensaxe que queres citar, e a continuación premer sobre a frecha á esquerda que aparece no menú superior.
Visto en engadget.
Copiar, copiar, copiar,…
Visto en microsiervos.

