Semáforos no chan

Todos deberiamos gardar o móbil no peto cando camiñamos polas rúas, e aproveitar os nosos desprazamentos para desconectarnos dos dispositivos e conectarnos coa xente e os lugares. A realidade é que nin sequera andando despegamos os ollos das pantallas, e iso afecta á nosa seguridade como peóns.

Dende Australia propoñen unha solución que consiste en instalar dispositivos que funcionan como semáforos no chan, proporcionando ás persoas información para cruzar as rúas de maneira segura.

Visto en wwwhat’s new.

OSHWDem 2016

Xa está anunciado o OSHWDem 2016. Terá lugar o 5 de novembro na Domus de Coruña. Prepara o teu robot para as competicións de robótica, participa nos talleres, visita a exposición de proxectos,…

Se queres saber máis, fai clic aquí.

Citar mensaxes en whatsapp

Coa última actualización de whatsapp é posible citar unha mensaxe concreta e respostala directamente. Esta opción pode ser moi útil cando mantemos conversas dentro dun grupo e as mensaxes continúan aparecendo mentres nós tecleamos.

Só tes que pulsar de forma prolongada sobre a mensaxe que queres citar, e a continuación premer sobre a frecha á esquerda que aparece no menú superior.

Visto en engadget.

Cámara estenopeica

Recentemente vimos como a cámara VIDDY arrasaba en KickStarter. Trátase dun kit para montar a túa propia cámara estenopeica e ten un custo de 30 £ (sobre 38 €).

364d8740731aabfb888af1073eecfb10_large

A cámara estenopeica na súa versión máis simple está formada por unha caixa (por exemplo de cartón) na que non entra luz salvo por un pequeno burato que se practica na parte frontal. Interiormente ten unha superficie fotosensible sobre a que se rexistra a imaxe formada. Como o burato é moi pequeno, normalmente é preciso empregar tempos de exposición altos pero isto pode compensarse con película fotográfica de ISO alta.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos