RokBlok é unha proposta diferente para xs que desfrutamos co son dos vinilos. O disco permanece inmóbil mentres o reprodutor se move ao longo dos seus sucos. Dispón de altofalante integrado e conectividade bluetooth para altofalantes externos. O proxecto aínda está aberto en KickStarter.
Semáforos no chan
Todos deberiamos gardar o móbil no peto cando camiñamos polas rúas, e aproveitar os nosos desprazamentos para desconectarnos dos dispositivos e conectarnos coa xente e os lugares. A realidade é que nin sequera andando despegamos os ollos das pantallas, e iso afecta á nosa seguridade como peóns.
Dende Australia propoñen unha solución que consiste en instalar dispositivos que funcionan como semáforos no chan, proporcionando ás persoas información para cruzar as rúas de maneira segura.
Visto en wwwhat’s new.
Ferramenta multifunción
Detrás dun obxecto tan simple como unha pinza do pelo podes atopar unha ferramenta multifunción sorprendente. Un exemplo de procura de versatilidade na realización dun deseño.
Visto en gizmodo.
Un debuxo = un peluche
Os deseños que facedes no taller forman parte do proceso de realización dun proxecto. Para Wendy Tsao, os debuxos das nenas e nenos son os deseños que lle permiten a fabricación duns peluches únicos.
Podedes ler a entrada enteira en design you trust.
O paso do tempo
O paso do tempo degrada os materiais. A fotógrafa Agne Gintalaite documenta este feito a través do seu traballo con portas de garaxe.
Visto en CulturaInquieta.
Copiar, copiar, copiar,…
Visto en microsiervos.
Reciclaxe de trebellos
Gústache darlle unha segunda vida aos obxectos? Podes botarlle un ollo a este taboleiro de pinterest.
Chega o noPhone
Será en serio???
Si quieres desintoxicarte de tu smartphone, atento: llega el noPhone.
Gif animado dun vídeo
Queres facer un gif animado a partir dun vídeo de YouTube?
Escribe gif entre “www.” e “youtube” na URL do vídeo e dálle a ir (ou pulsa enter). Serás redirixido ao editor da web gifyoutube. Escolle o instante do vídeo no que queres comezar o gif e establece a duración (ate 10 s). Fai clic en Create gif e listo!
A imaxe destacada que podes ver neste post está realizada en gifyoutube. Por certo, pertence a un vídeo da canle de Museum of Obsolete Objects, onde podes atopar vídeos acerca do funcionamento de obxectos que xa non usamos.
Convierte cualquier vídeo de YouTube en un GIF animado añadiendo “gif” a la URL.
Nova xeración USB
Parece que unha nova xeración USB está lista para a súa produción. Entre as súas características, a reversibilidade. Agora todos acertaremos á primeira!
Visto en Nueva generación de USB Type-C.