Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
O vindeiro 5 de maio terá lugar o XXIII Día da Ciencia na Rúa. Nesta ocasión presentamos, entre outras actividades, un proxecto colaborativo de impresión 3D. Queremos construír cúpulas autoportantes de Leonardo a partir das pezas unitarias que aporten todas as persoas que desexen participar.
Anímaste? Só tes que descargar o arquivo e imprimilo. Esperámoste!!!
A imaxe inmortaliza os asistentes ao Congreso Solvay de 1927, probablemente a fotografía máis famosa da historia da Ciencia. Einstein, Schrödinger, Dirac, Bohr, Pauli, Heisenberg, Lorentz, Bragg, de Broglie,… todos eses nomes que nos ocompañaron durante anos e anos de estudo, están presentes. Outro feito é salientable ao lado da notoriedade dos participantes: a case nula cota feminina, representada en exclusiva por Maria Sklodowska, quen escolleu o nome do seu home para asinar a súa investigación como Marie Curie.
A día de hoxe todavía é necesario fixar unha data no almanaque, o 11 de febreiro, para recordarmos que as mulleres temos un papel relevante e imprescindible no desenvolvemento da Ciencia e da Tecnoloxía.
Figuras como Rosalind Franklin, Maria Sklodowska-Curie ou Ada Lovelace constitúen a proba de que é posible saír adiante, mesmo cando as condicións son tremendamente desfavorables. Pero as nenas de hoxe precisan de referencias actuais, e iso é responsabilidade das mulleres de hoxe.
Queremos que as nosas alumnas sexan enxeñeiras, arquitectas, físicas, informáticas, matemáticas, químicas ou biólogas, se así o desexan. De nós depende fornecer o apoio necesario para que teñan a oportunidade de desenvolver todo o seu potencial en disciplinas STEM, e que chegue o momento no que o 11 de febreiro sexa simplemente o día que vén tras o 10 de febreiro.
Vai quedando menos para o OSHWDem 2017, o evento maker que terá lugar o 11 de novembro na Domus (Coruña). Non podes perdelo!!!
Fai clic na imaxe se queres coñecer a este polbo…
Tede coidado, se practicades a arqueoloxía acaban aparecendo vellos tesouros que che lembran cantísimos anos levas xa dando clase. Estaba de cacharreo no taller cando atopei unha caixa co rótulo CABLE PARALELO e lembrei eses primeiros anos nos que faciamos control de dispositivos programando directamente o porto paralelo, sen controladora.
Dende o contorno de programación MSWLogo, era posible activar e desactivar 8 pines de datos e con iso, os actuadores conectados a eles. Normalmente entregaba a cada grupo un cable paralelo sen conector nun dos extremos, polo que a primeiro que tiñan que facer era identificar cada un dos cables realizando unha proba de continuidade co polímetro.
A imaxe é dun proxecto do curso 2005-06, a primeira vez que tiven a oportunidade de dar clase en 4º de ESO.
Como se produce unha eclipse lunar? E unha eclipse solar? Por que non vemos eclipses todos os meses? Aquí vos deixo un vídeo de Borja Tosar dando resposta a estas preguntas.
Un odómetro é un instrumento de medida que na súa versión máis simple, está formado por unha roda e un soporte. O seu funcionamento baséase na relación existente entre o radio e o perímetro dunha circunferencia, e permite determinar unha distancia sen máis que contar o número de voltas que dá a roda. Por suposto, existen modelos moito máis complexos nos que a conta se realiza de forma automática e cunha elevada precisión.
As aplicacións deste invento que adoita atribuírse a Arquímedes son diversas, por exemplo, nos velocímetros dos vehículos. Hoxe atopei unha versión portable en KickStarter que me parece un bo exemplo de deseño e funcionalidade:
Que facemos neses minutos que quedan antes de que toque o timbre? Aquí van 10 propostas:
Aproveita as noites de verán para observar o ceo! Podes utilizar Stellarium para preparar a túa observación durante o día e posteriormente localizar os obxectos.
Na imaxe vemos Saturno e Escorpio. No corazón do escorpión destaca Antares, o rival de Marte (Ares). Esta superxigante vermella atópase a uns 550 anos luz, o que significa que a luz que nos chega dela comezou a súa viaxe aproximadamente a mediados do século XV.