Tomando medidas XII: culleradiña


Photo credit: inarizoo from morguefile.com

Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas  no prospecto en culleradiñas. Por certo, unha culleradiña equivale aproximadamente a 5 ml 🙂

prospecto

Un libro para o verán

nacido_en_un_dia_azul

Veño de ler en amazings unha entrada acerca de Kim Peek (a referencia de Dustin Hoffman para protagonizar Rain Man) e Daniel Tammet. Este último publicou a súa biografía en 2006 e con ela achéganos ao mundo das persoas afectadas pola síndrome de Asperger. Lectura moi recomendable.

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías:

  • 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio
  • 3º da ESO: coche cabledirixido de Ismael, Adrián, Sara e Rocío
  • 4º da ESO: ascensor con display de Sara, Paula, Reynaldo e María

Parabéns a tod@s @s alumn@s de tecnoloxía no nome das profesoras do departamento!!!!!!

V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía

O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.

Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC

Os metais

Mañá comezamos a unidade Os Metais. Déixovos un vídeo por se queredes probar. Gañade o primeiro positivo desta avaliación explicando (podedes enviarme un mail) como funciona.

Electricidade estática

Brais Rey, alumno de Tecnoloxía de 4ºA, explícanos como é posible poñer en movemento unha lata de refresco cun globo sen que exista contacto entre ambos. Grazas, Brais!!!

A electriciade estática é a acumulación dun exceso de carga eléctrica nunha zona con pouca conductividade eléctrica, un illante, de maneira que a acumulación de carga persiste.

No vídeo vemos un tipo de electricidade estática chamada polarización inducida. Esta prodúcese cando un obxecto cargado repele ou atrae os electróns da superficie doutro obxecto. Esto crea unha rexión no segundo obxecto que está máis cargada positivamente, creándose unha forza atractiva entre os obxectos. Neste caso, cando se frota o globo, este fará que a lata se mova debido á forza atractiva exercida por dúas superficies con cargas opostas (a superficie da lata gaña unha carga eléctrica inducida, pois os electróns libres da superficie da lata son repelidos polos electróns que gañou o globo ao frotarse, creando unha superficie de carga positiva na lata, que logo atrae a superficie do globo).

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos