
Se medimos distancias en campos de fútbol…


Ate dentro duns días!!!
Ao longo destes días @s alumn@s participarán pegando as súas contribucións no mural. Noraboa a tod@s!!!

Vía no puedo creer.
Na seguinte imaxe podemos ver unha representación das diferentes pezas de alfarería que se expoñen actualmente no CAT. Andrea explicounos as diferencias entre os cacharros elaborados en zonas como Buño, Gundivós ou Niñodaguia amosándonos pezas características de cada unha delas.
Coñecimos tamén as ferramentas empregadas polos ferreiros e os carpinteiros e chamou a nosa atención o feito de que non hai tanto tempo, as vaixelas eran de madeira pois a louza era obxecto de luxo. Podedes ver tamén na imaxe o tamaño dunha fechadura coa súa correspondente chave. Enorme, verdade?
Finalmente Andrea falounos dos alabardeiros e as tecelás. Contemplade o resultado dun traballo realizado por mans expertas.
Sabiades que eran poucas as persoas que podían colocar o urdido no tear? Parece ser que unha vez rematada unha peza, as tecelás cortaban os fíos sobre os que se montaba no tear a fin de gardar a urda para utilizar nas seguintes pezas.
O tempo voou escoitando a Andrea falar de artesanía tradicional e tivemos que marchar a comer. Mario, o noso chófer, levounos de volta ao instituto onde Ana, sempre tan riquiña, deixou que fixeramos tempo na cafetería ate que tocou o timbre anunciando o fin dunha boa xornada. Agardo que teñades desfrutado da visita tanto coma eu!!!

Chegamos á seguinte parada na que vemos como se colocan os cristais e as portas dos diferentes modelos. Os coches van tomando forma diante dos nosos ollos.
Chegamos ao final da visita onde os automóbiles xa rematados pasan unha serie de tests para comprobar que todo funciona correctamente. Romina coméntanos que aqueles que non pasan satisfactoriamente os controis son revisados de novo para solucionar os problemas e que nalgunhas ocasións, poucas, é necesario desfacer totalmente o vehículo para comezar de novo.
Actualmente prodúcense 1654 automóbiles cada día na planta que acabamos de visitar. Este dato é aínda máis sorprendente se temos en conta que nas primeiras instalacións de finais dos anos 50, a produción era dun coche por día. Sabedes canto se tarda en fabricar un dos vehículos que se producen en Vigo? Da orde de dúas horas. Incrible, verdade?
Despedímonos de Romina dándolle as gracias por ser unha excelente anfitriona e pola súa infinita paciencia á hora de dar resposta a todas as preguntas que lle prantexamos, e saímos cara ao Centro de Artesanía Tradicional.
O pasado luns día 20 os alumnos de 4ºA e 4ºE visitaron a cadea de produción de Citroën e o próximo luns día 27 tócalles aos alumnos de 4ºB e 4ºD. Aproveitaremos tamén para achegarnos ao CAT (Centro de Artesanía Tradicional) no que teremos a ocasión de desfrutar dunha visita guiada. A xornada promete!!!
Para os que vides:
Boa fin de semana!!!