Gústache a astronomía? Queres participar na campaña mundial Globe at Night?
Vén ao taller o xoves día 5 durante o segundo recreo!!!
Gústache a astronomía? Queres participar na campaña mundial Globe at Night?
Vén ao taller o xoves día 5 durante o segundo recreo!!!
Visita o planetario de EduCaixa durante a semana do 12 ao 16 de xaneiro. Reserva a túa praza para o día e o recreo que prefiras. Máis información no taller 1.
Este ano xogamos con mazás e unidades de medida galegas nunha actividade na que todo o instituto estivo representado. Grazas a todxs por participar e un agradecemento especial para Modesto pola foto do cartaz e a reportaxe que realizou do evento.
Os gañadores, as clases de 2ºC e 4ºA. Desfrutade da merendola!!!
Recentemente vimos como a cámara VIDDY arrasaba en KickStarter. Trátase dun kit para montar a túa propia cámara estenopeica e ten un custo de 30 £ (sobre 38 €).
A cámara estenopeica na súa versión máis simple está formada por unha caixa (por exemplo de cartón) na que non entra luz salvo por un pequeno burato que se practica na parte frontal. Interiormente ten unha superficie fotosensible sobre a que se rexistra a imaxe formada. Como o burato é moi pequeno, normalmente é preciso empregar tempos de exposición altos pero isto pode compensarse con película fotográfica de ISO alta.
Calquera dispositivo USB pode aloxar malware dentro do seu firmware. Este non é detectado por un antivirus e pode facerse totalmente co control do equipo onde se conecta.
Un chromebook é un ordenador que usa Chrome OS como sistema operativo. Dende a súa presentación en 2011 apareceron no mercado diferentes modelos de Samsung, Acer, Toshiba ou HP entre outros.
Algunhas das súas características:
fan destes dispositivos duros competidores dos iPads en contornos educativos.
Máis en xataka.
A sonda Voyager 1 foi lanzada en 1977 coa misión de explorar os límites do sistema solar. O verán pasado traspasounos e hai poucos días a NASA comunicaba que a sonda continúa viaxando polo espazo interestelar. Está previsto que continúe enviando información ate o ano 2025.
Trátase do primeiro obxecto humano en alcanzar o espazo interestelar e no seu interior pode atoparse un disco de ouro que contén información de interese sobre o noso planeta.
Impresionante, verdade?
Sabes como se produce un arco da vella? A luz incide nas gotas de auga que se atopan na atmósfera e se reflicte dentro delas dando lugar ao arco da vella primario. Sucesivas reflexións darían lugar a novos arcos da vella pero sucede que en cada reflexión a luz perde intensidade e por iso non chegamos a velos.
En ocasións pode apreciarse o que chamamos arco da vella secundario. Se observas con atención, verás que as cores están dispostas en orde inversa, sendo a cor vermella a máis interior e a violeta a máis exterior. Tamén podes observar que entre o primario e o secundario aparece unha zona visiblemente máis escura que o resto do ceo. Denomínase banda de Alexandre.
Lémbrao a próxima vez que teñas a sorte de contemplar este fenómeno!
Nos próximos meses veremos unha nova impresora 3D que permite utilizar botellas de plástico baleiras como material de impresión. Imaxina poder fabricar unha carcasa para o móbil coa botella do refresco que acabas de beber!
Fai clic aquí se queres ler a noticia completa.
Sabías que é aconsellable desconectar o cargador cando a carga da batería acadou o 100%? Esta e outras recomendacións de interese neste artigo.