Cal é a orixe das tarxetas SD? Como funcionan? Cantas clases existen e en que se diferenzan? Tes que ler esta entrada!
Visto en Xataka.
Cal é a orixe das tarxetas SD? Como funcionan? Cantas clases existen e en que se diferenzan? Tes que ler esta entrada!
Visto en Xataka.
Non perdas este vídeo de mecanismos en funcionamento!
A Lúa, a Osa Maior con Mizar e Alcor, Saturno, moitas fotos e un chocolate ben quente para rematar (grazas, María!). Unha xornada preciosa que nos deixou a todxs con ganas de repetir.
Grazas por participar e a Salva Bará (AnB) por facelo posible. Vémonos na seguinte!
Foto de Loli Blanco
Acabo de crear un grupo de Astronomía en Edmodo. Aí daremos aviso de eventos, colgaremos fotos e en xeral, compartiremos información.
Queres unirte? O código de acceso é bdss72

Participaches na actividade do planetario móbil o pasado mes de marzo? Queres participar na observación do ceo nocturno que realizaremos na primeira semana do mes de xuño?
Pasa polo taller 1 e recolle a túa autorización a partir do xoves 22 de maio!!!

O pasado mes de Marzo, na semana do 17 ao 21, tivemos o planetario móbil de EduCaixa instalado na Aula de Música 2 (grazas de novo, Pablo!).
Aproximadamente o 80% do alumnado asistiu á proxección da orixe das estacións e o ceo de primavera. Estou realmente contenta co nivel de participación e agardo vervos novamente en máis actividades de astronomía.
Grazas a todxs!