Planetario en Pastoriza

captura365

Visita o planetario instalado na aula de Música (2º andar) durante calquera dos recreos desta semana. Reserva a túa praza e aprenderás a localizar a estrela Polar ademais de descubrir o ceo de primavera.

captura367

Lámpada de incandescencia

A semana pasada xs alumnxs de 2ºA e 2ºB realizaron lámpadas de incandescencia empregando cartón, parafusos, un vaso de vidro de iogur e fío de nicromo (para o filamento). Aquí vai un vídeo de demostración do seu funcionamento gravado por Alán (grazas!).

Códigos QR

Non é a primeira vez que falo de códigos QR neste blog. Que che parece levar unha camiseta con imaxe ou mensaxe codificada en QR? Podes ler acerca deste e outros usos na seguinte ligazón pero terás que aceder a ela instalando un lector de códigos QR no teu smartphone 🙂

my_qr_code

Usas Whatsapp?

Usas o sistema de mensaxería Whatsapp? Queres saber como funciona? Pode usarse dende un ordenador? Sabes en que ano se enviou o primeiro sms e que poñía? Todo isto e máis nesta entrada de wwwhat’s new.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos