Arteixo vístese de Letras os días 16 e 17 de Maio. Entre as moitas e interesantes actividades programadas, unha noite de estrelas con Astronomía na Beirarrúa. Achégate ao anfiteatro na noite do 16 e desfruta do ceo con nós!!!
O motor máis simple
Podes construír un motor cunha pila, un imán e un arame de cobre. E para entender o funcionamento dun motor de corrente contínua, podes ver este vídeo.
Tomando medidas XIII: Legua
Unha legua é unha antiga medida de lonxitude que dá conta da distanza a pé que unha persoa é capaz de percorrer nunha hora. É moi habitual considerar unha equivalencia de 5 km, de maneira que o camiño andado nunha xornada estaría en torno aos 35 km. Isto reflíctese no feito de que esa é precisamente a distanza que separa moitas vilas importantes entre si. Ordes e Santiago, Santiago e Muros, ou Muros e Noia son só tres exemplos de tantos. Pero se tes unhas botas de sete leguas, poderás avanzar unha xornada de camiño con cada paso.
Photo credit: duboix from morguefile.com
Globe at Night en galego
O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en galego!): O Mundo á Noite.
Anímate a participar, pon o teu punto no mapa!
As cores na noite
O noso sistema visual non pode percibir as cores na noite… pero están aí! Realiza unha foto de longa exposición para comprobalo. Podes apoiar a cámara sobre unha superficie ou mellor incluso, empregar un trípode. Axusta os parámetros da túa cámara para fixar un tempo de exposición óptimo e terás un resultado coma o da imaxe, rexistrada á luz da Lúa, pasada a medianoite do xoves 5 de Abril. Parece de día!
Se fas zoom sobre a imaxe, verás que as estrelas non son puntos, senón pequenas trazas. Isto é debido a que a exposición foi de 60 segundos e durante ese tempo a Terra non deixou de xirar! Serías capaz de localizar Venus nesta foto? E Orión? E as Pléiades?
Código QR
Xera os teus códigos QR con kaywa.
Tamén podes xerar códigos QR instalando un complemento de Firefox. Por exemplo:
Para probar na fin de semana
Visto en microsiervos.
Día da Ciencia en Galego
Máis información aquí.
Minipunto limpo
As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo.
Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte de CD e DVD, cartuchos de impresora, aparellos eléctricos e electrónicos, teléfonos móbiles, pilas e baterías de móbil.
Queres saber máis?
Avenida de Fisterra, Arteixo





